Categorías: Actualidade

A Xunta debe comprometerse e “poñer diñeiro enriba da mesa” para revitalizar ás comarcas afectadas polos peches industriais

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou hoxe ao presidente da Xunta de situar á industria galega afectada pola descarbonización “en vía morta”. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana no que os socialistas esixirán a implicación do goberno galego para apoiar aos traballadores de Vulcano, Barreras ou Endesa – As Pontes.

O responsable socialista reclamoulle á Xunta “colaboración co goberno central, que acaba de anunciar un fondo de transición que beneficiará ás comarcas afectadas” en lugar de defender a prolongación da actividade como está hoxe, que “non ten saída” no contexto da descarbonización. O papel do Executivo autonómico, sinalou, pasa por poñer en marcha unha política industrial propia para estas comarcas “axudando aos traballadores e á empresa a buscar unha solución”.

Explicou que na visita do presidente da Xunta ás Pontes “non escoitamos canto diñeiro poñería o goberno galego enriba da mesa para a revitalización da comarca nin tampouco que “puxera en marcha ningunha medida efectiva para axudar aos traballadores das empresas auxiliares ou aos transportistas nesta liña”. Os socialistas galegos levarán unha proposición non de Lei ao próximo Pleno sobre as actuacións da Xunta para apoiar a estes traballadores.

Os socialistas tamén presentarán unha pregunta oral sobre a situación actual de Barreras e sobre a avaliación do goberno galego da venda de Ferroatlántica, unha empresa “afectada por decisións empresariais, pero sometida ao control da Xunta en base á concesión das centrais hidroeléctricas.

Neste sentido, sinalou que os socialistas galegos presentarán ademais unha interpelación sobre a política do goberno galego en relación coa crise climática e a transición enerxética, que advertiu que “as políticas e as medidas previstas polo goberno galego están moi retrasadas e resultan insuficientes en relación co que necesita este país”.

Sesión de control

A pregunta ao presidente que realizará o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, terá que ver nesta ocasión “sobre a centralidade política á que fai referencia nos seus discursos” e, explicou Leiceaga, “como fará para garantila no contexto dun PP que depende de partidos extremistas para garantir a súa gobernabilidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18