Categorías: Actualidade

A Xunta debe actualizar o Plan de Xestión do Lobo, incluíndo un novo mapa de presenza da especie en Galicia, e compensar os danos que causa na gandería

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, reclamoulle hoxe á Xunta que actualice o mapa de presencia do lobo en Galicia e o Plan de Xestión, que data do ano 2009, e que “reparen os danos reais que esta especie produce nas explotacións galegas”. O responsable socialista chamou ao acordo entre os territorios e cos gandeiros para modificar a xestión da especie a nivel estatal e permitir unha boa xestión da especie co futuro da gandería”.

Seco lembrou que o Plan de Xestión do Lobo foi aprobado hai agora 13 anos, cando gobernaba en Galicia o socialista Emilio Pérez Touriño, polo que reclamou a súa actualización para adecualo á realidade actual de Galicia, onde a caza de lobo non se produce dende hai máis de 5 anos, e presente así  un mapa actualizado de incidencia da especie en Galicia.

Chamou ao goberno galego a “atender aos problemas reais que afectan aos gandeiros que sofren os ataques desta especie, e que ven como a administración autonómica non paga a tempo, ou simplemente deixa sen abonar as perdas causadas polo ataque da dita especie”. Ademais, engadiu, manteñen uns valores “economicamente obsoletos” para determinar as compensacións”.

Martín Seco pide “introducir axudas ás explotacións afectadas por vía da PAC” e, engadiu, “comecen por cumprir cos acordos aprobados por unanimidade no Parlamento de Galicia, sinaladamente a proposición non de Lei do PSdeG para desenvolver un novo plan de xestión do xabaril e paliar as perdas que esta especie provoca no campo galego”.

Seco pediulle ademais ao Goberno de España “equilibro e busca de acordos co sector gandeiro” para “cambiar o status do lobo e incluílo no listado de especies en réxime de protección especial” en base á problemática que a especie representa para as nosas explotacións gandeiras e a actividade económica no noso rural, en declive logo de 40 anos de abandono do PP.

O parlamentario socialista puntualizou que “esta cuestión non afecta dun xeito tan importante á nosa Comunidade Autónoma, onde non se rexistra caza desta especie dende hai agora máis de 5 anos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08