Categorías: Actualidade

A Xunta critica agora a suba das peaxes ratificada e ampliada por Ana Pastor en 2013

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Luis Álvarez, sinalou a “pouca vergoña” demostrada pola Xunta e o PP ao criticar agora a suba das peaxes da AP-9 que fora ratificada e ampliada por Ana Pastor como ministra con Rajoy en 2013. O responsable socialista interveu na comparecencia da Xunta hoxe en Comisión, onde acusou ao PP de “cambiar de criterio” en función da cor do goberno de Madrid.

Álvarez criticou que a Xunta proteste agora contra a suba das peaxes logo de que fora Aznar quen ampliara a prórroga ata 2048 no ano 2000, mentres Feijóo era conselleiro de Política Territorial, e Ana Pastor quen ratificara e ampliara en 2013 o Real Decreto de 2011, incrementando aínda máis as peaxes da autoestrada. Os mesmos, dixo, que “lle deron a foto da suposta inauguración da ampliación de Rande para permitir que Audasa cobrara peaxes dende 2018”.

Sen embargo, o PP e o goberno galego agardaron ata decembro de 2018 para “tomar conciencia dos erros de cálculo e presentar unha proposta alternativa para as peaxes” aproveitando que goberna o PSOE para “comezar a tensionar costuras”.

Cambio de criterio

O responsable socialista acusou ao PP e ao goberno galego de “cambiar de criterio” en función de quen presida o goberno de Madrid, mentres os socialistas presentaran xa en maio de 2017 unha iniciativa parlamentaria para buscar vías alternativas para que as obras sexan asumidas a través dos Orzamentos do Estado, que o PP vetou porque daquela gobernaban no Estado.

Álvarez ratificou a proposta socialista dirixida a evitar o incremento do 1 por cento das peaxes dende 2018, que o PP rexeitou antes da moción de censura que levou a Pedro Sánchez ao goberno. Subliñou ademais a “boa disposición” amosada polo goberno en funcións para “mellorar as condicións das peaxes” unha vez estea plenamente constituído.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41