Categorías: Actualidade

A Xunta carece de protocolos covid para as explotacións agrícolas e gandeiras

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Marín Seco, reclamoulle hoxe á Xunta que redacte un protocolo de actuacións para “dar solucións efectivas aos casos de aparición de coronavirus nas explotacións agrícolas e gandeiras”. O responsable socialista alerta de que “a desatención do goberno galego está a provocar unha perigosa indefensión nun sector estratéxico para Galicia”.

O responsable socialista sinala que “a falla dun protocolo pon en risco o principal motor da economía do medio rural, a produción de alimentos, o benestar animal e a protección do noso entorno”. Subliña o carácter deste sector, que nas fases de maior nivel de confinamento se mantivo en activo “provendo de alimentos seguros ao conxunto da poboación”, o que non o blinda no caso de ter que proceder ao illamento do titular ou traballadores das explotacións.

Advertiu que as recomendacións e medidas preventivas fronte á  covid – 19, publicadas o pasado 20 de marzo pola Consellería do Medio Rural, manteñen un perigoso baleiro no caso de ter que illar aos responsables das explotacións por síntomas do coronavirus sen diagnóstico confirmado, por diagnóstico confirmado ou coa necesidade de realizar unha corentena de 14 días no domicilio.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04