Categorías: Actualidade

A Xunta, “a velas vir” co peche de Unitono en Ourense este próximo venres

A parlamentaria socialista Noela Blanco acusou hoxe á Xunta de estar “a velas vir” no peche de Unitono, a empresa que ata o próximo venres xestiona a atención telefónica a Naturgy en Galicia. Blanco presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que acusou ao conselleiro de Industria de “tomar parte por Naturgy” e non polas traballadoras afectadas pola marcha da central telefónica a Reus e Colombia.

A responsable socialista denunciou a “indiferenza e preguiza” do goberno galego diante desta situación que afecta a 130 postos de traballo en Ourense e A Coruña e que demostra o “esgotamento” da Xunta cando “deberan estar esixindo a Naturgy que a atención aos consumidores se dea con calidade, na nosa lingua e mantendo os postos de traballo”.

Criticou que a Xunta non teña feito ningún tipo de xestión na defensa destes postos de traballo diante tanto de Naturgy, que “o ano pasado tivo beneficios de 1.200 millóns explotando os nosos recursos naturais”, como de Unitono, que fixo ás traballadoras vítimas dunha “mala estratexia empresarial”.

Esixiulle ao goberno galego que “dean exemplo, comecen a fomentar licitacións onde garantan a protección de datos, a calidade e a proximidade” e garantan “servizos e un retorno económico para a nosa Comunidade Autónoma”. Advertiu que do contrario “o polígono e o parque tecnolóxico de Ourense terán novos usos: prácticas de coche e aparcamento”, dixo en ton sarcástico.

Sinalou que a perda destes postos de traballo supón un “duro varapau” para unha cidade e unha provincia que teñen perdido 120.000 habitantes dende 1980, conta cos 32 concellos co menor ratio entre cotizantes e pensionistas do Estado e pasa por ser a provincia coa taxa de actividade máis baixa do Estado.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04