Categorías: Actualidade

A viticultura social como factor de desenvolvemento do rural

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Raúl Fernández, reclamoulle hoxe ao goberno galego a que poña en marcha un plan específico de viticultura social dirixido ás persoas que necesiten traballar no sector a tempo parcial. O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión para presentar esta proposta como unha vía adicional dirixida a frear o despoboamento do rural.

Reclamoulle ao goberno galego un esforzo para atallar a dinámica negativa do despoboamento do rural e o abandono de terras con políticas activas, claras efectivas e avaliables porque, dixo, “sabemos que se a actividade no rural medra tamén o fará a poboación”. Explicou que a viticultura social xoga un “papel determinante” ao considerar, dixo, o sector vitivinícola como unha oportunidade para o medio rural.

O responsable socialista explicou que a día de hoxe preto do 90 por cento dos viticultores que integran ás denominacións de orixe dedícanse a esta actividade a tempo parcial, xa que posúen perfís variados, como xubilados, asalariados, funcionarios ou persoas con outras actividades. Estes non se dedican á viticultura de forma permanente “pero si moi frecuente”, ata o punto de que son os verdadeiros garantes da continuidade da actividade.

Fernández explicou que a incorporación das novas xeracións mozas á viticultura resulta “imprescindible para manter a actividade” e para recuperar a poboación no rural, incorporando ao sector “novas estratexias e oportunidades”. Explicou que o rural, que supón o 80 por cento do territorio, apenas ten o 20 po cento da poboación, un desequilibro que “limita e mesmo reduce o desenvolvemento global de Galicia.

Ademais reivindicou unha actividade vitivinícola que combine a cantidade de produción coa calidade dos caldos, fronte a “adegas que están comezando a sacrificar a calidade” co obxectivo de obter máis litros de viño.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18