Categorías: Actualidade

A política industrial “inexistente” da Xunta de Galicia

A portavoz socialista de Facenda, Begoña Rodríguez Rumbo, lamentou hoxe no Parlamento o veto do PP a unha proposición non de lei socialista para reclamar un Plan de Mellora para tódolos parques empresariais. Na súa intervención no Pleno de hoxe, acusou á Xunta de defender unha política industrial “inexistente”.

Rodríguez Rumbo dixo que a Xunta de Galicia “non quere elaborar un estudo, antes de que remate o período actual de sesións, que permita coñecer as necesidades de todos os parques empresariais Galegos”. Este terá como obxectivo realizar un “Plan de mellora a cinco anos” para mellorar os servizos e acondicionar as infraestruturas existentes ou de nova incorporación co fin de que estas empresas teñan unhas condicións máis competitivas”.

A representante socialista dixo que a iniciativa socialista “tiña como obxectivo realizar un estudo sobre o número de empresas asentadas nos parques empresariais dos concellos que forman parte de “Concellos Doing Business Galicia” dende a súa implantación. Ademais, urxía ao goberno a realizar un estudo que permita coñecer as vantaxes das empresas asentadas nos parques empresariais acollidos a esta iniciativa”.

A deputada socialista criticou a “falta de transparencia” do goberno galego e puntualizou que “non é posible mellorar a situación en Galicia cando a política do PP non se preocupa por formar man de obra cualificada”. Sinalou a intención dos socialistas de “formar traballadores para que poidan acceder aos postos que reclaman estas empresas”.

A voceira socialista sinalou que “dos 121 concellos adheridos ao Plan Doing Business, tan só 30 aparecen no Mapa de Parques Empresariais do instituto Galego da Vivenda e Solo” e , advertiu, que “3 concellos do PP, leváronse eles solos 701000 euros do presuposto total do Plan”. Acusou á Xunta de Galicia de “promocionar un observatorio do cal non fomos capaces de atopar ningunha actividade realizada por esta institución despois de 2 anos da súa implantación”

Rodríguez Rumbo advertiu que “só coñecemos o entusiasmo do Secretario xeral por estas medidas e a información da adhesión de 104 concellos ao Plan “Doing Business Galicia”. Sinalou que “non é ata o 23 de abril cando se coñeceu o número de concellos emprendedores, información, advertiu, que deixa clara a lei de transparencia deste Goberno”.

A deputada socialista acusou á Xunta de Galicia de por en funcionamento a “Oficina Doing Business Galicia” que só favorecería aos concellos que se acolleran a esta iniciativa e que, sinalou, “significaría renunciar a parte dos seus ingresos máis importantes, cando as súas facendas locais xa son de por si insuficientes para dar un nivel de servizos públicos axeitados a súa poboación”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18