Categorías: Actualidade

A pasividade da Xunta pon en risco 2,4 millóns de euros para o saneamento da Ría de Viveiro

A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiulle hoxe á conselleira de Obras Pública que inicie as obras de saneamento da Ría de Viveiro, que a UE esixiu en 2010 e que a Xunta leva adiando dende entón poñendo en risco os 2,4 millóns de euros dispoñibles dos fondos Feder. Otero presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento para esixir “axilidade” por parte de Augas de Galicia para iniciar as actuacións.

A responsable socialista retrucoulle á conselleira, que sinalara que o Concello se vira “superado” pola situación, que “o único superado foi o PP nas últimas eleccións municipais”, e preguntoulle “se estariamos a falar deste incumprimento se en Viveiro gobernara un alcalde do PP”. Puntualizou que “non lles estamos a pedir que lles guste que goberne María Loureiro nin o PSdeG, estámoslle a pedir a Augas de Galicia que realice as obras de saneamento pendentes”.

Otero alertou que Galicia está en serio risco de perder os fondos europeos se a Xunta incumpre coa data límite posta pola UE, en decembro de 2020, para rematar coas obras. Esta data, lembrou, foi fixada en 2010, ao que o goberno galego respondeu en 2011 anunciando a execución en 2015, pero “estamos a xuño de 2019 e as obras nin sequera están iniciadas”, e alertou de que “tampouco van cumprir” co novo prazo fixado para 2019.

A parlamentaria socialista esixiulle á conselleira que comece co proxecto de saneamento da ría coa retirada do antigo emisario submarino, como paso previo á instalación dun novo, así como dunha nova estación de bombeo en Celeiro e un novo depósito. Este é o segundo proxecto do saneamento que debera comezar coa construción dunha nova balsa, un novo pretratamento e unha nova desinfección da Edar de Viveiro.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18