Categorías: Actualidade

A parlamentaria Leticia Gallego e a alcaldesa de Porriño desminten a Xunta e PP: non hai un só euro consignado nos Orzamentos da Xunta para ampliar o Centro de Saúde

A deputada autonómica pontevedresa, Leticia Gallego e a alcaldesa, Eva García reiteraron que a Xunta de Galicia e o PP local “están a mentir cando afirman que hai partida nos Orzamentos Xerais de Galicia 2021 para a ampliación do Centro de Saúde do Porriño, sinalou a rexedora.

“Por agora no proxecto orzamentario que a Xunta entregou aos grupos políticos no Parlamento de Galicia non hai consignación para a ampliación do Centro de Saúde do Porriño”, manifestou a deputada socialista pontevedresa.

“Dende o grupo parlamentario socialista na cámara autonómica demandamos que non se demore máis esa ampliación polo que fixemos unha iniciativa instándolle á Xunta para nos Orzamentos de Galicia inclúan unha partida específica para a súa execución”, declarou Leticia Gallego que presentou unha batería de preguntas parlamentarias e iniciativas lexislativas dirixidas ao goberno galego por este asunto.

Pola súa banda Eva García subliñou que “o grupo parlamentario socialista teña presentada unha iniciativa esixindo que se dote nos Orzamentos a ampliación do Centro de Saúde, pon de manifesto que a Xunta e o PP local mentiron dicindo que hai inversión para O Porriño cando non é así”.

“Nos seis anos que levo como alcaldesa, a Xunta non gasta nin un euro en inversión no Porriño a pesar das necesidades que temos. Xa está ben que se gasten os cartos públicos para premiar aos afíns e proscribir aos que temos ideas políticas contrarias” rematou García de la Torre.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08