Categorías: Actualidade

A nova Lei de Ordenación Territorial da Xunta constitúe “unha Lei pantalla que pon o interese privado por riba do público”

A portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista, María Pierres, amosou o seu rexeitamento á nova Lei de Ordenación Territorial presentada pola Xunta, que cualificou de “Lei pantalla” que agocha unha defensa do “interese privado por riba do público”. A responsable socialista presentou unha enmenda de devolución ao texto presentado hoxe no Pleno do Parlamento, e que foi rexeitada polo PP, dando comezo ao trámite parlamentario da norma.

Pierres alertou da “perversa finalidade” dun texto que “ameaza o noso territorio” ao estar feito “ad hoc para o perfecto encaixe das iniciativas empresariais que Feijóo sitúa por enriba dos intereses vexciñais, naturais ou culturais”, deixando ao territorio nunha “posición vulnerable”. A norma “lembra as épocas do urbanismo galego máis agresivo e destrutivo co territorio”, xa que a pesares da “boa base de maquillaxe” anuncia “a intención de vender o territorio”.

Explicou que, con esta nova norma, as operacións de “índole privada que desexe implantar a administración autonómica, poidan ser desenvoltas en calquera tipo de solo, sexa cal sexa a súa cualificación” co risco que isto supón para a autonomía dos concellos e da protección do territorio. Apuntou que “equivoca perigosamente flexibilidade con liberalización e permisividade”.

Pierres afirmou que a nova lei ten coma obxectivo principal protexer os intereses dos “amigos” do actual presidente da Xunta. Sinalou o caso do Concello de Mos, onde queren “xustificar o cambio de uso do solo de protección forestal no que pretende establecerse” o novo complexo deportivo comercial do Real Clube Celta de Vigo con argumentos “surrealistas” como por exemplo a “redución do risco de incendio do solo pola redución da masa arbórea”.

A responsable defendeu o modelo de desenvolvemento territorial recollido na Lei de Ordenación do Territorio do ano 95 e nas Directrices de Ordenación do Territorio do 2011 e destacou a súa flexibilidade polo que non é necesario rachar coa mesma en prol dunha nova que non aporta nada novo ao panorama anterior.

Nesta liña, a deputada lembrou as alegacións a esta nova lei presentadas polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que destacan que “a maioría dos aspectos sinalados na exposición de motivos do anteproxecto de Lei xa están incluídos na aprobación do ano 2011 das Directrices de Ordenación do Territorio” polo que a non hai xustificación sólida para a modificación da lei actual.

Defendeu así unha Lei cun concepto máis contemporáneo e un criterio “máis claro en prol da sostibilidade, o aforro enerxético, a rexeneración territorial, as actividades de baixo impacto territorial, paisaxístico e sobre os recursos territoriais, o medio ambiente e a paisaxe”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18