Categorías: Actualidade

A favor do turismo azul

O portavoz de Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, reclamoulle hoxe ao goberno galego que “promocione e impulse as novas formas de “Blue Economy”, ou “Economía Azul”, principalmente o turismo mariñeiro e deportes náuticos de risco”. O responsable socialista presentou unha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta que desenvolva as novas formas de turismo sostible, que foi vetada polo PP.

Pérez Seco sinalou á “potencialidade económica enorme” deste sector en Galicia derivado das condicións particulares do “país dos dez mil ríos”. Sinalou que o impulso social e medioambiental do sector é “máis que necesario”, grazas á “orografía e capacidade turística galegas”. Neste sentido, reivindicou maior financiamento para o I+D+i que consiga integrar a academia co sector turístico e medioambiental, así como maiores investimentos de carácter sostible.

Advertiu que actualmente “non se está a avanzar todo o rápido que debería” na integración turística coa explotación sostible dos recursos hídricos galegos, e reivindica “iniciativas e proxectos sustentables, que potencien a mobilidade e a accesibilidade entre os distintos espazos turísticos” pero “non soamente cara ao próximo Xacobeo 2021, senón como unha proxección máis estable a medio e longo prazo”.

Os socialistas galegos reclaman “esforzos por parte de tódolos actores implicados” para “crear institucións e regras de xogo novas dentro do mercado para que a relación humana coa natureza sexa perfectamente compatible”, e advirten que “a loita contra o cambio climático non é unha opción, é unha obriga coas xeracións futuras”.

Así, reclamaban o impulso destas novas formas de economía e pídenlle á Axencia de Turismo de Galicia que elaborara “un estudo do impacto socioeconómico sobre o turismo mariñeiro e deportes náuticos e de risco en Galicia, e a súa repercusión nos demais sectores”, o que foi rexeitado polo PP.

Pequeno comercio

O portavoz de Comercio do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, reclamou hoxe a intervención do goberno galego para defender ao pequeno comercio diante da crise provocada polos novos hábitos de consumo. No debate dunha pregunta oral, advertiu que a concentración nas grandes superficies comerciais e a compra online abocan ao peche a gran número de pequenos comercios tradicionais.

Mentres o comercio electrónico medra nun 33 por cento tan só no primeiro trimestre de 2018, nos primeiros nove meses do ano pecharon máis de 1.000 comercios en Galicia, e no mes de outubro pecharon 10 establecementos ao día, de acordo co rexistro de baixas de autónomos da Seguridade Social.

O responsable socialista reclamoulle hoxe ao goberno galego que poña en marcha medidas concretas para apoiar a estes comercios e paliar e reverter o continuo peche, e preguntou polas medidas postas en marcha en relación ao apoio e impulso do comercio electrónico en Galicia.

Pérez Seco defendeu a actividade do pequeno comercio tradicional pola súa “contribución da seguridade nas rúas, a mantelas limpas, o movemento de xente e iluminadas”, e advertiu que “sen estes comercios os inmobles quedan baleiros, polo que os barrios serán desertos”. Sinalou que fomentar o consumo nestes comercios é “unha boa maneira de axudar á recuperación local”, unha mellora que “reverte no favor das persoas e familias próximas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41