Paloma Castro advirte que a falla dun Plan global demostra que a acción exterior do goberno galego é un “brinde ao Sol”
A portavoz de Política Exterior do Grupo Socialista, Paloma Castro, criticou hoxe a falla de planificación e accións concretas na Estratexia Galega de Acción Exterior da Xunta de Galicia, que a converte nun “brinde ao sol”. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Relacións Exterior do goberno galego que tivo lugar na Comisión Institucional do Parlamento de Galicia.
O Grupo Socialista abstívose na votación da Estratexia que, malia que incorporou boa parte das emendas que defendeu Paloma Castro para actualizar o documento, continúa a amosar importantes eivas para consolidar a Galicia como un eixo nas relacións internacionais. Explicou que a súa eficacia depende de que conte cun Plan global de acción exterior que identifique as prioridades para Galicia a nivel internacional.
Reclamou así un Pan global que constitúa o eixo sobre o que pivote a estratexia galega para conseguir que esta Comunidade Autónoma se sitúe como actor global, fortalecendo a súa presenza en Europa e Iberoamérica, sinaladamente, e promovendo os intereses galegos no mundo e como elemento fundamental para promover a cultura e a lingua propias de Galicia no exterior.
A responsable socialista esixiulle ao goberno galego que despregue unha batería de actuacións coordinadas dirixidas a mellorar o posicionamento internacional da “marca Galicia”, e conseguir que as políticas públicas sexan recoñecidas como referente na integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible -ODS- da ONU.
Salientou a importancia de incrementar a presenza de Galicia e os seus axentes nas institucións e iniciativas europeas, promovendo as relacións transfronteirizas, consolidando e desenvolvendo alianzas estratéxicas e construíndo unha comunidade galega global. Apuntou que estas liñas de acción deben ser despregadas a través de actuacións concretas cun sistema de seguimento para monitorizar o seu grao de execución.
Castro apuntou á importancia fundamental de implementar políticas de acollemento da inmigración, que aproveite a chegada de nova poboación para afrontar o reto demográfico e paliar a caída de habitantes que afecta sinaladamente no rural galego. Propuxo a posta en marcha de programas que axuden ás universidades a captar alumnado no exterior, así como a impulsar a chegada de man de obra que favoreza a falla de relevo xeracional e consolide a falla de poboación no rural.
Advertiu que este é o único xeito de superar as carencias do goberno galego en materia de acción exterior. Explicou neste sentido que a estratexia despregada ata o momento pola Xunta resulta “extemporánea” e desactualizada, que presentan con “omisións, faltas de compromisos reais, planificados e posicionamentos claros a tódolos niveis.
Lara Méndez puntualiza que a xerencia da Área Sanitaria “non dixo nunca que fora mentira,…
Paloma Castro considera “inadmisible” que a sanidade funcione “a medio gas” nun dos principais destinos…
Patricia Iglesias denuncia a “inacción vergoñenta” do goberno galego, que non fixo “nada de licitación,…
Julio Abalde esíxelle á Consellería de Educación que utilice o novo contrato para “esixir un…
O líder do PSdeG advertiu na súa pregunta ao presidente da Xunta de que “esa…
Paloma Castro considera unha “profanación da historia” e unha “falla de respecto” que o goberno…