Categorías: Actualidade

O PSdeG denuncia o aumento das agresións a profesionais sanitarios e esíxelle á Xunta máis seguridade e medidas para atallar problemas que inciden na escalada de violencia

Elena Espinosa advertiu de que “a saturación e o colapso” en servizos como a atención primaria e as urxencias poñen “ao límite” aos profesionais e levan aos pacientes a situacións de frustración e verdadeira desesperación

A deputada socialista condenou os ataques que se están a rexistrar en hospitais e centros de saúde, cuxo aumento levou a que só no último ano se abrisen medio centenar de causas penais

Despois de que o PP votase en cotra dunha proposta do Grupo Socialista para reverter a situación, os socialistas defenderán no Parlamento por segunda vez unha batería de iniciativas con solucións 

“A Xunta de Galicia ten que revisar os protocolos de seguridade tanto en atención primaria como en hospitalaria, en especial nos servizos de urxencias, e incrementar o persoal”. Tras os últimos ataques a profesionais sanitarios ocorridos en Galicia, a deputada do PSdeG Elena Espinosa vén de rexistrar unha batería de iniciativas parlamentarias a través da que lle reclama ao Goberno do PP medidas para que os traballadores e traballadoras poidan realizar o seu labor “sen que se exerza violencia física nin verbal contra eles”. Tamén co fin de evitar demoras na prestación dos servizos sanitarios e evitar a “frustración, incerteza” e mesmo a “desesperación” de pacientes que enfrontan longas listas de espera.

A tamén viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento galego condenou de xeito contundente as agresións e apuntou que se debe cortar a “escalada de violencia”. Para iso, dixo, é imprescindible a desaparición das devanditas listas de espera, xa que constitúen un dos principais factores desencadeantes dos incidentes.

Espinosa recordou que só no último ano o Sergas rexistrou medio centenar de causas penais abertas por ataques a persoal sanitario, e esa cifra vai en aumento, segundo alertan tanto a Organización Médica Colexial coma o Consello Xeral de Enfermería.

Os propios profesionais corroboran que, na maioría dos casos, o problema está relacionado coa demora na atención ou pola falta de camas. Sinalan que a “saturación e colapso” obrígaos a traballar “ao límite” e iso provoca situacións críticas. Son necesarias, por tanto, “actuacións preventivas e de amparo para o persoal sanitario”, afirmou a parlamentaria do PSdeG.

Elena Espinosa lembrou tamén que esta é a segunda vez no que vai de lexislatura na que o Grupo Socialista reclama ao Parlamento que inste á Xunta de Galicia a tomar as medidas necesarias para solucionar o problema. “Na outra ocasión non contamos co apoio do Partido Popular, pero esperamos que agora se poña do lado dos profesionais”, subliñou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro advirte que a dereita quere impugnar os avances dos últimos sete anos e chama a relanzar o proxecto de goberno coa igualdade no centro de acción política

O secretario xeral do PSdeG aposta por relanzar a acción de Goberno, tomar a iniciativa…

05/07/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro: “Este Comité Federal é unha oportunidade para reorganizarnos e reforzarnos como partido

O secretario xeral do PSdeG participa este sábado en Madrid no Comité Federal do PSOE,…

04/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista esixe dende o Parlamento a paralización inmediata do traslado do servizo de partos ao novo paritorio provisional do CHUO

Carmen R. Dacosta presenta unha batería de iniciativas parlamentarias para frear a decisión do Sergas…

04/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao responsable da loita contra a violencia de xénero de “secundar a vergoñenta resposta do goberno galego” diante do “Caso Villares”

Paloma Castro critica que o presidente da Xunta respondera a unha denuncia por agresión sexual…

04/07/2025
  • Actualidade

Lara Méndez: “Se o PP fose coherente, a súa ponencia titularñiase “programa para desmantelar dereitos e sementar odio”

A secretaria de Organización do PSdeG denunciou que o PP “quere borrar o galego”, pretendendo…

03/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza ao PP a actualizar as normas da Comisión do Consello de Contas para incrementar os debates e adiantar o Plan de Traballo do ente fiscalizador

Elena Espinosa reclama fiscalizar un informe sobre as subvencións “a dedo” concedidas polo PP dende…

03/07/2025