Categorías: Actualidade

A Consellería do Mar continúa por debaixo dos Orzamentos do goberno de Touriño

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, lamentou hoxe o escaso incremento orzamentario da Consellería do Mar para o próximo exercicio 2021. Na comparecencia da conselleira para dar conta das liñas de actuación do seu departamento, lembrou que esta Consellería continúa 12 anos despois 48 millóns de euros menos que nos últimos orzamentos do goberno do socialista Emilio Pérez Touriño.

A responsable socialista sinalou que “aparte de vontade política, é fundamental ter cartos, partidas orzamentarias” nun departamento que queda rezagado nun contexto de expansión orzamentaria, no que mesmo no goberno central as partidas para Pesca aumentan un 25 por cento. Sinalou que “para que as liñas de goberno cheguen a bo porto fai falla dotación orzamentaria, e despois que esta se execute”.

Otero sinalou que a baixa execución deste departamento “pon en dúbida que vaian trasladar as promesas a feitos”, por canto no último exercicio completado, o do ano 2019, tan só executaran o 60 por cento do crédito inicial. Con estes antecedentes, dixo, “dificilmente poderán levar a cabo as actuacións” que anuncia a conselleira do Mar.

Reclamoulle á conselleira que “goberne contando con todo o sector” e afeoulle o “esquecemento” da arte do xeito, logo de que a Consellería excluíra das súas liñas de actuación a esta modalidade de peca “sostible, selectiva e respectuosa co medio”. Otero sinalou que “non queremos pensar que adopten medidas en función da rendibilidade política” e que “abandonen á súa sorte” a unha arte de pesca que exercen tan só 429 embarcacións en toda Galicia.

A responsable socialista criticou que a partida de ensinanzas pesqueiras minguara, pese a que exista unha falla de relevo xeracional e que “sigamos a perder traballadores no sector”. Ademais, lamentou a falla de aposta polo servizo de gardacostas, que “cada vez ten máis competencias e debe estar dispoñible 365 días durante as 24 horas”, pero malia que existe partida orzamentaria “non hai unha carreira profesional” e “non se cobren os postos vacantes” por baixas ou xubilacións.

Lealdade institucional

Patricia Otero reclamoulle á conselleira “lealdade institucional” co goberno central para mellorar a proposta de reparto de TACs e cotas de pesca da Comisión Europea para o próximo ano. Instou a “traballar e acadar os avais científicos” que revertan unha “mala proposta para a nosa flota” porque “existe marxe de mellora” no Consello de Ministros de Pesca da UE que se celebra a próxima semana e no que Galicia acompañará ao goberno de España.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04