
Aitor Bouza acusa ao goberno galego de deixar desatendido ao alumnado con necesidades especiales porque o seu profesorado ten que asumir tarefas de dirección
A Comisión de Educación do Parlamento aprobou onte a última hora da tarde unha proposta do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que garanta a cobertura de tódalas prazas de profesorado especialista que fagan falta nos centros educativos de Pontedeume. Bouza presentou esta iniciativa na Comisión de Educación logo de constatar que o goberno galego está a deixar aos centros do concello sen persoal de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.
O responsable socialista denunciou o desmantelamento da atención ao alumnado con necesidades específicas ao destinar ao profesorado especialista ás tarefas de dirección, co que os nenos e nenas que o precisan quedan desatendidos. Denunciou que ao empregar ao profesorado ás funcións que non lles corresponden a Consellería de Educación está a vulnerar o dereito do alumnado a unha atención personalizada.
Bouza levou ao Parlamento a situación dos CEIP Andrade e Couceiro Freijomil de Pontedeume que lle trasladaron as anpas dos centros aos socialistas de Pontedeume porque están a ver comprometida a educación inclusiva que a Xunta anuncia pero despois lles retira de facto. Criticou que destinen ao profesorado a outras tarefas que non lles corresponden e que realicen unha redución encuberta das ratios de alumnos para evitar desdobrar as aulas.
A proposta foi aprobada parcialmente porque o PP se negou a incorporar ao acordo a parte da iniciativa que reclamaba un informe detallado sobre as necesidades de profesorado especialista na vila, así como crear un Plan específico para a atención a este alumnado que inclúa persoal suficiente, seguimento continuo e participación da comunidade educativa. Tampouco quixeron garantir que ningún centro da vila supere o número máximo legal de alumnos por aula.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
– “O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a: