

Paloma Castro esixe cotas de participación feminina nos órganos de goberno e listas cremalleira nas eleccións ás confrarías
O Parlamento aproba unha proposta socialista para poñer en marcha medidas para facilitar a corresponsabilidade e a conciliación no sector do mar
A portavoz de Igualdade e Marisqueo do Grupo Socialista, Paloma Castro, acusou hoxe ao PP de “seguir discriminando ás mulleres” do sector da pesca. Así o dixo logo de que rexeitaran parcialmente a proposta que presentou na Comisión de Pesca con medidas para reforzar a presenza feminina nas confrarías e nos órganos de dirección das federacións provinciais e autonómica.
Paloma Castro acusou ao PP de “perpetuar a desigualdade” das mulleres na pesca a pesares da súa presenza maioritaria en actividades como marisqueo, acuicultura, transformación ou comercialización. Acusou ao goberno galego de permanecer “de brazos cruzados” diante da “desigualdade permanente” no mar, e reivindicou un sector “moderno, democrático e xusto, onde as mulleres non sexan man de obra invisible senón liderado visible”.
Castro afeoulle ao PP que rexeitara as propostas dirixidas a mellorar a participación das mulleres como candidatas nas eleccións ás confrarías, retirar os obstáculos estruturais e “avanzar cara unha gobernanza máis democrática, xusta e inclusiva”.
Lembrou que o goberno galego leva dous anos de atraso na aprobación do Estatuto das mulleres rurais e do mar, que nacía como ferramenta para recoñecer dereitos, garantir participación e crear mecanismos de seguimento, como Observatorio das Mulleres Rurais e do Mar, que foi recortado polo PP respecto do acordo inicial. Ademais, lembrou, rescindiron a presenza das mulleres nos órganos de representación do sector a través da Lei de Acompañamento aos Orzamentos.
Castro reclamou a posta en marcha dun Plan específico para fomentar a participación das mulleres como candidatas nos procesos electorais das confrarías e modificar a normativa electoral das confrarías para garantir listas paritarias -cremalleira-. Propuxo tamén garantir cotas de xénero nos órganos de dirección das federacións provinciais e autonómica para fixar unha presenza equilibrada de mulleres.
A proposta que presentou hoxe foi votada por puntos polo que aprobaron pedirlle á Xunta que poña en marcha medidas dirixidas a impulsar a corresponsabilidade e a conciliación, así como promover campañas públicas que visibilicen e recoñezan o valor do traballo desenvolvido polas mulleres neste sector.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a: