
Carmen R. Dacosta esixe no Parlamento unha atención sanitaria “en igualdade de condicións” no Concello
A Comisión de Sanidade do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade a proposta do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que cubra a praza de Enfermería vacante no Centro de Saúde de Leiro nun prazo máximo dun mes. A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta presentou esta iniciativa para esixir unha atención sanitaria “en igualdade de condicións” no Concello ourensán.
Carmen Rodríguez Dacosta acusou ao PP de ter “castigados” aos 1.387 veciños e veciñas que son atendidos no Centro de Saúde do Concello de Leiro ao crear unha segunda praza de Enfermaría pero deixándoa sen cubrir a pesares das peticións da Comisión de Centro de Atención Primaria de Ourense. Esta desatención está a provocar un malestar cidadá coa xestión da sanidade pública que ten confluído en protestas como a do pasado domingo na capital de Galicia.
Esixiulle ao PP e ao goberno galego que atendan á presión profesional, política e social reclamando unha sanidade pública digna e de calidade, que precisa de profesionais e da cobertura inmediata das prazas que están a deixar abandonadas como sucede en Leiro.
A proposta aprobada hoxe esíxelle tamén ao goberno galego que se coordine co Concello de Leiro para asegurar unhas instalacións adecuadas para que estas profesionais poidan traballar en condicións. Dixo que a cidadanía “non ten por que padecer a falla de coordinación entre as administracións autonómica e local”, esta última titular do inmoble e responsable de garantir unhas instalacións axeitadas para instalar a segunda consulta de Enfermaría.
O PP pediu o voto da iniciativa por puntos deixando sen aprobar o apartado no que lle reclamaba á Xunta que informara ao Parlamento nun prazo máximo de dous meses das actuacións realizadas para garantir a cobertura do persoal e a adecuación das instalacións.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a: