

A Cámara insta á Xunta a priorizar o mantemento, limpeza, conservación e avaliación estrutural da infraestrutura na AC-455, que era o que pedía o Grupo Socialista
O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei presentada polo deputado socialista Aitor Bouza para garantir a mellora da seguridade viaria na estrada AC-455, ao seu paso polo concello de Val do Dubra, e especialmente na ponte que cruza o río Dubra, un punto crítico polo que circulan máis de 6.000 vehículos ao día.
O texto aprobado insta a Xunta de Galicia a manter o compromiso coa mellora da seguridade viaria nesta vía autonómica e, dentro dese marco, a priorizar aquelas actuacións que sexan necesarias para o mantemento, limpeza, conservación e avaliación estrutural da ponte.
Bouza destacou que esta aprobación supón “un avance importante” para a comarca e puxo en valor que o Parlamento recoñeza a demanda trasladada polo Concello de Val do Dubra e polos propios usuarios da vía. “Falamos dunha infraestrutura esencial para miles de desprazamentos diarios, e o mínimo é garantir que está en condicións óptimas de seguridade”, subliñou.
O deputado salientou tamén que a avaliación estrutural permitirá “actuar con rigor e prevención”, garantindo que a ponte cumpre todos os estándares técnicos e que as melloras se executan con planificación e transparencia.
Finalmente, Bouza agradeceu o apoio maioritario da Cámara e afirmou que o Grupo Socialista fará seguimento do cumprimento do acordado: “Agora tócalle á Xunta actuar con dilixencia porque seguridade da veciñanza non admite máis atrasos”.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a: