

Acusan aos de Rueda de dar “unha nova mostra de negacionismo coa violencia machista” impedindo un acordo fronte a un problema social de primeira orde co único obxectivo de atacar ao goberno central
Lembran que o Parlamento de Galicia non aproba unha Declaración Institucional con motivo do Día contra a Violencia de Xénero dende 2020
O Grupo Socialista lamenta que o PPdeG impedira acadar un acordo de mínimos con motivo do Día contra a Violencia de Xénero ao boicotear unha Declaración Institucional proposta para este Pleno. Os socialistas galegos lamentan que o PP galego impedira este acordo no Parlamento de Galicia, como si se fai noutras institucións con motivo do 25N e que na Cámara Autonómica non se aproba dende o ano 2020.
O Grupo socialista presentou a súa proposta o pasado luns, pero o PP agardou a hoxe mércores para enviar, dúas horas antes do remate do Pleno, unha contraproposta inasumible pensada para atacar ao goberno do Estado. Afeoulles que retiren ademais as alusións ao incremento de orzamentos que suporá o Pacto de Estado contra a Violencia machista renovado o pasado 25 de febreiro coa única intención de que a iniciativa non se aprobe, ofrecendo nunha mostra do seu negacionismo contra a violencia machista.
Os socialistas galegos recoméndanlle ao PP que busquen outros escenarios para atacar ao goberno do Estado, e lamentan que empreguen precisamente o consenso cun asunto tan delicado como a violencia contra as mulleres, que debera unir máis que dividir ás forzas políticas. Lamentan que o PP galego siga a mesma liña negacionista do PP de Madrid que rompeu o acordo fronte á violencia machista no seo da FEMP.
Ademais, lembran que esta falta de acordo prodúcese nun Pleno no que si se deu lectura a outras dúas Declaracións Institucionais, polo que se o PP quixera tería tempo abondo para acadar un acordo necesario para a sociedade galega e sobre todo para as mulleres vítimas da lacra da violencia machista.