

O líder socialista levou ao Parlamento a voz das 22.700 persoas sen vivenda pública, das 360.000 en lista de espera médica, dos concellos asfixiados e das familias que sofren un ano de atraso nas axudas á dependencia
Para quen goberna vostede?”: Besteiro cuestiona o modelo do PP e pide reorientar as contas cara ás necesidades reais dos galegos e galegas con cinco propostas “claras e serias”
As cinco propostas do grupo socialista: aceptar a condonación da débeda, incrementar en 225 millóns de euros a partida de Vivenda, aumentar en 100 millóns de euros as políticas sociais, contratar 400 novos profesionais de Atención Primaria Destinar 200 millóns de euros adicionais ao equilibrio territorial, desenvolvemento rural e prevención de incendios
No Debate de Orzamentos celebrado hoxe no Parlamento de Galicia, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, ofreceu un acordo “realista, viable e pensado para a maioría social” se a Xunta acepta cinco medidas “claras, cuantificables e de impacto inmediato” que permitan reorientar unhas contas que “nin resolven os problemas reais nin responden aos desafíos do país”.
Besteiro advertiu de que Galicia vive “un momento crítico”, marcado por unha desigualdade crecente, o deterioro dos servizos públicos e a falta de planificación económica. Para ilustralo, puxo sobre a mesa a situación das 22.700 persoas que agardan por unha vivenda pública, das 360.000 que permanecen en lista de espera médica, das familias que soportan un ano de atraso na dependencia e dos concellos “asfixiados pola infrafinanciación” e obrigados a asumir competencias sen recursos. Con esta radiografía evidenciou que “as consecuencias deste modelo non se miden en discursos, senón na vida diaria da maioría social”.
Tamén apuntou á falta de prioridades tamén noutras áreas críticas. Dos 39,7 millóns do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (2018–2022), a Xunta deixou sen executar un 11,3%, e parte dos fondos empregados remataron en políticas alleas á loita contra o machismo. “A realidade é clara: a política galega contra a violencia machista é reactiva, con menos prevención e cada vez máis próxima aos discursos de negación que promove a ultradereita”.
Neste sentido, lembrou que a falta de prioridades tamén se fai evidente noutras áreas críticas. Dos 39,7 millóns do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (2018–2022), a Xunta deixou sen executar un 11,3%, e parte dos fondos utilizados destináronse a políticas alleas á loita contra o machismo. A realidade é clara: a política galega contra a violencia machista é reactiva, con menos prevención e cada vez máis próxima aos discursos de negación que promove Vox.
Besteiro insistiu en que esta falta de prioridades non é un problema illado dun departamento, senón un patrón que se reproduce en todos os ámbitos decisivos para o futuro de Galicia. Do deterioro dos servizos sociais ao abandono da política industrial, o resultado é sempre o mesmo: menos capacidade para competir, menos cohesión territorial e menos oportunidades para o país.
A situación industrial tamén preocupa dentro e fóra de Galicia. Besteiro lembrou que en Bruxelas existe inquietude polo bloqueo ao desenvolvemento eólico e pola ausencia de planificación da Xunta, que leva 17 anos freando unha oportunidade estratéxica para o país. Sinalou que Galicia perde pulo industrial mentres outras comunidades avanzan grazas a unha mellor xestión dos fondos europeos, e advertiu de que nin no sector do aluminio, nin no aceiro, nin na industria da defensa a Xunta está a acompañar o esforzo investidor do Estado, que está actuando practicamente en solitario. Para o PSdeG, esta falta de visión e estratexia industrial explica por que Galicia crea menos emprego e ten menos actividade ca o conxunto do Estado.
O líder socialista denunciou que o Goberno galego do PP “leva anos repetindo o mesmo esquema: poucas prioridades, pouca execución e unha política fiscal orientada ao 4% máis rico”, o que deixa á maioría social sen os servizos e investimentos que necesita. “A pregunta é clara: para quen goberna este Goberno?”, sinalou.
As cinco medidas para un acordo posible
Por iso, o secretario xeral do PSdeG ofreceuse a apoiar os Orzamentos “se a Xunta acepta introducir cinco cambios estruturais, concretos e perfectamente asumibles, que permitirían reorientar as contas cara ás necesidades reais da maioría social”. Trátase de medidas que, segundo explicou Besteiro, “non desfiguran o proxecto orzamentario da Xunta, pero si o dotan da ambición e da capacidade de resposta que hoxe non ten”. As cinco medidas para un acordo posible.
As medidas propostas polos socialistas:
1) Aceptar a condonación da débeda autonómica ofrecida polo Goberno de España, liberando recursos para investimentos prioritarios.
2) Incrementar en 225 millóns de euros a partida de Vivenda, reforzando a construción de vivenda pública, a rehabilitación e a creación dun banco público de aluguer.
3) Aumentar en 100 millóns de euros as políticas sociais, resolvendo a infrafinanciación do Servizo de Axuda no Fogar.
4) Contratar 400 novos profesionais de Atención Primaria, imprescindibles para reducir listas de espera.
5)Destinar 200 millóns de euros adicionais ao equilibrio territorial, desenvolvemento rural e prevención de incendios, garantindo un territorio vivo e cohesionado.
“Son cinco medidas realistas, posibles e necesarias. Non alteran a esencia do proxecto do Goberno, pero corrixen os seus erros máis evidentes e dan resposta a problemas que non poden seguir agardando”, insistiu.
“A pelota está no tellado da Xunta”
O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista advertiu de que Galicia “non pode permitirse outro ano de oportunidades perdidas, falta de execución e desigualdade crecente”. Reclamou ao Goberno galego que “deixe de renunciar a máis de 1.000 millóns de euros” —procedentes dos intereses que se aforran coa condonación da débeda e da supresión de beneficios fiscais a quen máis ten—, que permitirían fortalecer servizos públicos esenciais e activar sectores produtivos estratéxicos.
“Non compartimos o modelo do PP, pero ofrecemos un acordo serio para mellorar o país. Agora a pelota está no tellado da Xunta. Que decidan para quen queren gobernar”, resumiu.
Orzamentos ideolóxicos
A portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Elena Espinosa, advertiu hoxe que os Orzamentos da Xunta para 2026 chegan lastrados pola “ideoloxía do PP”, que “favorece a uns poucos e deixa atrás á mayoría social”. Espinosa presentou as emendas do PSdeG que proponen movilizar contías orzamentarias para blindar os Servizos públicos, garantir vivienda pública e un Plan de Recuperación das zonas afectadas polos incendios do verán.
A A responsable socialista advertiu que o goberno galego “planifica mal”, convertendo os Orzamentos para 2026 nun “instrumento totalmente ineficaz”, cunha “repartición de recursos errática e desconectada das necesidades urxentes do país”. Sinalou que o PP presenta unhas contas que “non son as que Galicia necesita” e reclamou a reformulación das contas para “poñer os problemas dos galegos e das galegas no centro da acción política”.
Lei de Acompañamento para pasar por enriba do Parlamento
A deputada socialista Patricia Iglesias denunciou esta tarde, durante o pleno dedicado aos Orzamentos autonómicos, o uso que fai o PP “dunha lei ómnibus que rompe o debate parlamentario”. Na súa intervención criticou que o Goberno de Rueda use a Lei de Medidas Fiscais e Administrativas como “un salvoconduto para saltarse á Cámara cando lle da a gana”.
Sinalou que “o peor” é que a Xunta empregue a coñecida como lei de acompañamento para facer reformas estruturais en ámbitos tan importantes como a vivenda, o patrimonio cultural, a industria, a enerxía eólica, a minería, a paisaxe, o emprego público ou a administración local, enumerou a parlamentaria do PSdeG. Fronte a iso, lembrou que a norma “debería limitarse a axustes orzamentarios”.
Nese senso, Iglesias alertou de cambios nunha trintena de normas, modificacións feitas “todas xuntas, todas mesturadas, sen debate sectorial, sen informes e sen participación da sociedade civil”. Trátase, afirmou, dunha práctica “impropia” co fin de “evitar o control político e acumular poder no Executivo autonómico”.