

Patricia Iglesias advertiu do que a Xunta non quere explica coa reportenciación eólicar: o canon. “Repotenciar é menos máquinas e máis potencia. O canon galego taxa máquinas, non potencia. Se non se modifica, a caída de recadación pode chegar ao 60%”
O eurodiputado socialista rematou cunha frase que define o nivel do problema: “Temos un goberno autonómico de cuñados climáticos: dentro bulos, e fóra deixando a Galicia en ridículo”
“O PP de Galicia, con Rueda á cabeza, converteu o bulo en ferramenta sistemática de confrontación co Goberno de España”. Así o denunciaron este martes a portavoz socialista Patricia Iglesias e o eurodeputado do PSdeG Nicolás González Casares, que puxeron enriba da mesa dous casos concretos: o Real Decreto estatal de repotenciación eólica e o Fondo Social do Clima europeo.
Patricia Iglesias foi taxativa: o PP galego mentiu con total vontade sobre o Real Decreto de repotenciación. “O decreto non obriga a repotenciar. O que fai é abrir 9 meses de diálogo co sector, coas ecoloxistas e co territorio. A obriga de repotenciar vén da UE. Quen impuxo aquí unha obriga sen diálogo foi a Xunta na súa Lei de Medidas”.
E advertiu do que a Xunta non quere explicar: o canon. “Repotenciar é menos máquinas e máis potencia. O canon galego taxa máquinas, non potencia. Se non se modifica o canon á potencia real instalada, a caída de recadación pode chegar ao 60%”. E iso, remarcou, é perda directa para concellos rurais: “para quen soporta as infraestruturas eólicas e xa está asfixiado pola Xunta”.
“Isto é o fondo da cuestión: se non moves o canon, perde Galicia. Perden os concellos. Perde o rural”, resumiu.
Pechou o acto Nicolás González Casares co segundo caso: o Fondo Social do Clima.
“O que fixo esta semana Rueda é un ridículo europeo”, dixo. Explicou que os plans do Fondo Social do Clima son estatais, non rexionais. “Só dous Estados presentaron borradores. Non o fixo Francia. Non o fixo Alemaña. Non o fixo Italia. E a Xunta de Galicia manda papeliños en solitario para montar confrontación”.
E explicou que o PP minte xa que non hai ningunha urxencia técnica: “O financiamento do Fondo (ETS2) atrasa un ano por decisión do Consello europeo e a UE está agora en fase de participación cidadá. O Goberno de España leva un ano facendo audiencias e mesas. E logo negociará coas comunidades. Pero Rueda salta todo isto para facer ruído en política interna”.
Así, engadiu outro dato obxectivo sacado do propio regulamento europeo: “en Europa hai 284 rexións. Nin unha —nin unha— fixo o que fixo a Xunta de Galicia. Aí é onde está a magnitude do ridículo”.
E preguntou onde está o rigor democrático do plan que entregou a Xunta: “Que participación cidadá houbo? Que audiencia pública? Que negociación sectorial? Ningunha. Cero”.
O eurodiputado socialista rematou cunha frase que define o nivel do problema: “Temos un goberno autonómico de cuñados climáticos: dentro bulos, e fóra deixando a Galicia en ridículo”.