Paloma Castro acusa ao PP de “actuar de forma vingativa” incumprindo o compromiso de Educación de manter as 3 aulas de infantil para que perdan dereito á profesora de apoio
A parlamentaria socialista Paloma Castro acusou hoxe ao PP de “actuar de forma vingativa” dende o goberno galego contra o CEIP San Clemente de Caldas de Reis. Así o dixo logo de que o PP rexeitara a proposición non de Lei do Grupo Socialista para recuperar a terceira aula de Infantil e o profesor de inglés, provocando “un gran agravio nun centro de referencia”.
A parlamentaria socialista acusou ao goberno galego de actuar en represalia da comunidade educativa deste centro, que o ano pasado viu suprimida unha das 3 aulas de Infantil malia que cumpría cos rateos fixados no acordo asinado cos sindicatos educativos. O goberno galego admitiu o erro e comprometeuse cos pais e nais e por escrito diante da Valedora a recuperar a unidade neste curso.
Sen embargo, o curso comezou e os alumnos foron repartidos en dúas aulas malia que aumentaron os nenos con necesidades especiais, co que seguían cumprindo os requisitos para ter a terceira unidade. Ademais, lles retiraron a praza do profesor de inglés adscrita que servía de apoio de dirección, e reducindo ademais á metade o horario da profesora adicional incorporada o curso pasado con cargo ao plan Mega.
Castro acusou ao PP e ao goberno galego de “sancionar” aos nenos e nenas dividíndoos en cusos que non corresponden coa súa idade e reducindo a plantilla de profesorado en represalia polas protestas da comunidade educativa. Advertiu que os pais e nais “non fixeron máis que reivindicar os dereitos dos seus fillos e fillas a unha educación de calidade” mediante concentracións, andainas e ata unha cadea humana.