Lara Méndez alerta da “nula información” do goberno galego e esixe “información real e veraz” sobre as accións turísticas financiadas con cargo a fondos Next Generation
A Comisión de Industria do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que faga público o grao de execución das Accións de Cohesión de Destino Turístico -ACD-, que son financiadas polos fondos Next Generation e xestionadas polo goberno galego. A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Lara Méndez, presentou esta iniciativa diante da “falla de transparencia e de información” por parte do goberno galego.
Méndez reclamou ademais información sobre a execución dos fondos e convenios para este mesmo fin, así como a distribución dos fondos polo territorio galego. Afeoulle ao goberno galego que ofreza “pouca, nula ou mala información” sobre o reparto dos fondos, e advertiu que “haberá que facer contas” para coñecer o alcance e repercusión real da xestión destes fondos que fai a Xunta, “e se realmente serven para diversificar e territorializar o turismo”.
A responsable socialista defendeu a necesidade dun uso eficaz deste tipo de iniciativas para diversificar e territorializar o turismo, para reforzar o seu papel como motor económico “ordenadamente e de xeito sostible, acompasando sempre a oferta e a demanda”. Salientou a súa importancia para a economía local, máis alá da estratexia do PP, para quen “parece ser que o Camiño de Santiago é o único produto turístico”, deixando de lado outras iniciativas.
Advertiu que o goberno galego ten anunciado varias iniciativas dirixidas a hoteis balneario, establecementos turísticos no litoral ou o turismo cultural e deportivo en Viveiro a través de convenios, pero sen explicar de onde proceden os fondos nin o seu grao de execución e impacto real.
Explicou que estas Accións de Cohesión de Destino Turístico céntranse nos eixos da transición ecolóxica, transición dixital, cohesión social e territorial e igualdade de xénero, con fondos europeos que son xestionados polas comunidades autónomas e a Secretaría de Estado de Turismo en colaboración cos concellos.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a dar conta de: