Categorías: Actualidade

40 anos máis para acadar a igualdade de xénero na Ciencia e Investigación

A portavoz de Cultura e Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, denunciou hoxe que a paralización das políticas de incorporación das mulleres ao sector da Ciencia e Investigación provocará un retraso de entre 30 e 40 anos na igualdade plena. Así o dixo no debate dunha interpelación na que criticou o desinterese da Xunta pola integración da muller no mundo da ciencia e da I+D+i.

Burgo lamentou a “conxelación” da Unidade de Muller e Ciencia, creada polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño para integrar a perspectiva de xénero nos procesos de I+D+i e cuxa última actividade coñecida remóntase a 2009. Isto supón, dixo, un “elemento gráfico do que está a pasar coas políticas de muller e ciencia no goberno de Feijóo.

Este, dixo, non chegou a avaliar nunca o Programa de Muller e Ciencia 2008-12, e retrasou a presentación da nova edición ata decembro de 2016, máis de catro anos despois. Criticou o desinterese pola perspectiva de xénero nas políticas de I+D do goberno galego, ata o punto de que a iniciativa de innovación RIS3 non nomea “nunca” os conceptos equidade e igualdade, e tan só unha vez recolle muller, “para dicir que a UE obriga a ternos en conta”.

Sinalou que “non consideran a incorporación da muller como un obxectivo estratéxico, non lle dedican ningún proxecto nin se marcan accións para aumentar a presenza de mulleres no privado nin no público”. O mesmo sucede, dixo, no Amtega, que “non di absolutamente nada sobre igualdade” na súa última memoria publicada, en 2016, co que, dixo, “o que non está escrito non existe”.

Burgo advertiu que de acordo cos datos do INE a crise “fixo mella fundamentalmente no emprego feminino cualificado”, de I+D e tecnoloxía, xa que “en sete anos o colectivo de mulleres investigadoras descendeu nun 16 por cento, 5 veces máis que en España”. Burgo citou o informe Científicas en Cifras, elaborado polo Ministerio de Economía, que sinala que as mulleres representan tan só o 39 por cento da comunidade científica.

Elas representan tan só o 25 por cento das matriculadas nos estudos técnicos e experimentais e, no caso da USC, tan só o 23 por cento dos grupos de investigación están liderados por mulleres. Reclamou un maio incentivo para a integración das mulleres, xa que hoxe as unidades de investigación lideradas por unha muller tan só reciben “un punto sobre 100”.

Concepción Burgo alertou da “segregación vertical”, que supón unha menor presenza de mulleres canto máis alto sexa o nivel laboral, logo dunha crise que “fixo mella fundamentalmente no emprego feminino cualificado”. Advertiu finalmente que hoxe hai 30.000 homes con emprego a tempo parcial, fronte a en torno a 110.000 mulleres.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08