A Xunta incumpriu coa Lei de Contratos para o festival O Son do Camiño

A Xunta incumpriu coa Lei de Contratos para o festival O Son do Camiño

A Xunta incumpriu coa Lei de Contratos para o festival O Son do Camiño

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, reclamoulle hoxe ao goberno galego o expediente completo da adxudicación do festival O Son do Camiño pola vía formal –o procedemento coñecido como artigo 9 do Regulamento do Parlamento-. A responsable socialista alertou de “novas irregularidades” detectadas na formalización do contrato.

Burgo advertiu hoxe que o contrato de 3 millóns concedidos “a dedo” por Feijóo polo procedemento negociado sen publicidade podería incumprir ademais o artigo 153 da Lei de Contratos, xa que foi formalizado o pasado 22 de febreiro incumprindo o prazo obrigado de 15 días para permitir que se poidan presentar alegacións.

A responsable socialista trasladou a “inquedanza” dos socialistas galegos diante da viabilidade dun procedemento con “graves irregularidades administrativas e técnicas” para ser concedido polo goberno galego aparentemente “baixo subterfuxios para darlle viso de legalidade”. Anunciou que os socialistas galegos “estamos contemplando tódalas vías ao noso alcance” para garantir a limpeza do contrato.

Concepción Burgo explicou que este contrato comezou a xestarse nun encontro entre Feijóo e un dos que serían os beneficiarios do mesmo en abril de 2017 para tratar a celebración do macrofestival. A continuación a empresa rexistraba a marca O Son do Camiño en novembro, a tempo de obter o contrato en febreiro de 2018, concedido polo procedemento negociado sen publicidade baixo o pretexto da exclusividade da empresa.

Os socialistas reclamaron formalmente a copia da totalidade do expediente da concesión do contrato que non foi feito público polo goberno galego. Reclaman neste sentido os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, o informe da asesoría xurídica e o resto da documentación.

Concepción Burgo aludiu ademais ao malestar do sector da industria que logo de ver como o goberno galego lles negaba continuamente as axudas públicas aludindo ás restricións orzamentarias, teñen que contemplar a concesión “a dedo” sen concurso público dun macrocontrato de 3 millóns de euros, provocando unha “seria distorsión” no mercado.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar