A Xunta deixa sen gastar máis de 6 de cada 10 euros para mellora da produción pesqueira

A Xunta deixa sen gastar máis de 6 de cada 10 euros para mellora da produción pesqueira

A Xunta deixa sen gastar máis de 6 de cada 10 euros para mellora da produción pesqueira

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, sinalou hoxe que a Xunta deixou sen executar en 2017 o 63 por cento do programa de Competitividade e Mellora da Calidade da Produción Pesqueira e da Acuicultura, que para 2018 conta con 20 millóns de euros. No debate dunha pregunta oral en Comisión, explicou que estas cifras demostran que Feijóo “deixou de loitar para defender á nosa flota pesqueira”.

Advertiu que como consecuencia disto a facturación pesqueira diminúe en relación ao nivel de descargas nos portos, xa que “incorremos en maiores custes e non xeramos maiores ingresos porque o prezo medio diminúe cada ano, o que supón o empobrecemento do sector pesqueiro”.

As consecuencias do desleixo da Xunta, explicou, son que o goberno galego permitiu a perda de 4.400 persoas ocupadas no mar, que deixan as súas embarcacións en dique seco pola falla dunha política de relevo xeracional. Amosou a súa sorpresa polo anuncio da Xunta de que destinarían 400.000 euros a formación, a metade dos 800.000 previstos para os orzamentos do ano pasado.

Un de cada cinco homes e unha de cada tres mulleres, dixo, abandonaron o sector sen opción de renovación por falla de futuro. Advertiu que o sector pesqueiro é o que máis poboación ocupada perdeu no último ano, un 21 por cento dos seus integrantes, unha situación especialmente grave no caso das mulleres, xa que a redución aumenta ata o 31 por cento.

Mentres, o goberno galego só executa o 30 por cento do programa con maior asignación económica dos orzamentos da Consellería do Mar, ao tempo que reduce partidas como eficiencia enerxética ou os seguros de mal tempo e deixa sen executar os plans de seguridade, como o de sinalización de bateas.

Agravio comparativo

Toja acusou hoxe ao presidente da Xunta de “renunciar a defender a nosa flota e de loitar por defender un sector no que o 85 por cento constitúe pesca artesanal”, deixando os brazos caídos na loita por obter unha maior representación no reparto de cotas de pesca. O resultado, dixo, é un “agravio comparativo” nos métodos de asignación das posibilidades de pesca.

Na comparecencia da directora xeral de Pesca para informar sobre a evolución da xestión e ordenación das flotas nos caladoiros cantábrico e noroeste, explicou que Galicia sae claramente prexudicada. No caso da xarda, unha arte de cerco, Galicia ten o 24 por cento das posibilidades de pesca cando conta con 150 buques, mentres Cantabria, con 44 buques, ten o 24 por cento, e o País Vasco, con 66 buques, ten o 50 por cento.

No caso do arrastre, Galicia pasou de 111 buques en 2010 a apenas 78 hoxe, e nas artes distintas ao arrastre e cerco, Galicia ten o 18 por cento das cotas a pesares de contar con máis do 90 por cento das embarcacións totais con caladoiro Cantábrico Noroeste.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar