Advirten que Feijóo “prometeu 13 plans de emprego pero non levou a cabo ningún”
Miguel Ángel Fernández critica que o PPdeG rexeite unha moción socialista para realizar un seguimento das empresas con EREs e que os expedientes sexan aprobados pola autoridade laboral O portavoz de Traballo do Grupo Socialista, Miguel Ángel Fernández, advertiu que Feijóo “prometeu 13 plans de emprego e non levou a cabo ningún”. Así o dixo no debate dunha moción socialista para que a Xunta realice un seguimento exhaustivo das empresas con EREs suspensivos ou de redución... Ler máis
Seguimento exhaustivo aos EREs suspensivos ou de redución de xornada
O portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Miguel Ángel Fernández, presentará no Pleno do Parlamento que comeza o próximo martes unha moción para que a Xunta realice un seguimento exhaustivo das empresas acollidas a Expedientes de Regulación de Emprego suspensivos ou de diminución de xornada. O responsable socialista insta ao Goberno galego que acorde coas empresas que apliquen un ERE “un procedemento de seguimento que permita avaliar o grao de consecución dos obxectivos... Ler máis
Pachi Vázquez pídelle a Feijóo unha xuntanza para acadar un gran acordo para a reactivación económica
Sinala que “celebra consellos da Xunta baleiros” mentres Galicia rexistra o primeiro mes de abril da historia no que sube o paro, co que no primeiro trimestre do ano cada día perderon o seu traballo 250 galegos e galegas O líder socialista responde ao Valedor que “antes que recortar a sanidade e a educación eu empezaría por recortar” nesta institución O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, reclamoulle hoxe a Feijóo “que goberne ou que se vaia”. Logo... Ler máis
Losada pon en dúbida que o contrato en proba dun ano de duración xere estabilidade e garantía aos mozos traballadores
O senador socialista pola Coruña asegura que a reforma laboral impulsada polo Goberno fomenta a temporalidade laboral dos mozos O senador socialista pola Coruña, Javier Losada, preguntará ao Goberno se considera que o contrato en proba dun ano de duración xera estabilidade e garantía aos mozos traballadores. Losada formulará esta pregunta ao Executivo o vindeiro martes, día 24, ante o Pleno da Cámara, durante a habitual sesión de control ao Goberno que ten lugar no Senado. O... Ler máis
Advirten de que Rajoy e Feijóo recortarán a duración das prestacións por desemprego coa escusa do déficit
Os secretarios executivos das áreas de Economía, Enrique Negueruela, e de Emprego, José Manuel Civeira, presentaron as consecuencias para o emprego en Galicia dos PXE 2012 Segundo este análise, Feijóo e Rajoy están aplicando medidas ideolóxicas, que non ten que ver coa austeridade, tendentes a eliminar os servizos públicos de Emprego. Desenténdense das Políticas Activas de Emprego, un instrumento básico para saír da crise cun novo modelo produtivo Feijóo e Rajoy... Ler máis
García afirma que o plan de emprego de Feijóo é «unha cortina de fume» que recolle ordes xa existentes e con menor orzamento
O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, acusou hoxe a Feijóo de “enganar aos cidadáns” cun plan de emprego que “non é máis que unha cortina de fume” xa que “recolle ordes xa existentes e por enriba diminuíndo o seu orzamento”. García lamentou así que no mesmo día no que se producía en Galicia “unha mobilización histórica” na que “milleiros de persoas saíron a rúa a dicirlle a Rajoy que non están dacordo coa súa reforma laboral nin... Ler máis
Pachi Vázquez a Feijóo: «A historia falará da súa lexislatura como a do paro, e de vostede como o presidente do paro»
O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, advertiu a Feijóo que “a historia falará da súa lexislatura como a do paro e de vostede como o presidente do paro”. Así o dixo na sesión de control ao presidente na que propuxo un investimento de 150 millóns de euros para xerar 25.000 contratos a mozos e mozas de Galicia. O líder dos socialistas galegos reclamoulle ao presidente da Xunta que “cambie a política fatalista da resignación pola da reactivación económica”,... Ler máis
Pachi Vázquez preguntará a Feijóo polo fracaso das súas políticas de emprego e as repercusións da reforma laboral
O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, utilizará a sesión de control do próximo Pleno do Parlamento para preguntarlle a Feijóo sobre o fracaso das súas políticas de emprego. O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, explicou, logo da Xunta de Portavoces, que a pregunta ao presidente versará sobre as repercusións da reforma laboral para os traballadores de Galicia. O presidente do Grupo Socialista preguntaralle así a Feijóo polas súas políticas de creación... Ler máis
Os socialistas esixen medidas para incentivar os contratos a tempo completo e alertan do aumento dos contratos temporais
O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica nas que reclama explicacións á Consellería de Traballo sobre a evolución dos contratos temporais asinados en Galicia durante o ano 2011. Miguel Angel Fernández asegura que nun estudio, realizado por unha das centrais sindicais de maior representatividade na nosa comunidade, sinalase que o 12,9% dos máis de 671.449 contratos asinados no... Ler máis
Proposta «clara, concreta e rotunda» para reactivar a economía no Debate do Estado da Autonomía
O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, visitou esta mañá a mesa informativa sobre a reforma laboral que Xuventudes Socialistas de Ourense ten instalada no día de hoxe na rúa do Paseo desta cidade. A este respecto, o líder dos socialistas galegos dixo que se trata dunha reforma creada exclusivamente para abaratar o despido e agravar o problema do noso país, fronte á que os socialistas presentarán no debate do Estado de Autonomía o vindeiro martes “unha proposta... Ler máis








