Respaldo ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras de Xustiza de Galicia

Respaldo ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras de Xustiza de Galicia

Respaldo ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras de Xustiza de Galicia

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe a “soberbia, prepotencia e ineptitude” demostradas “tanto polo director xeral de Xustiza como polo propio conselleiro da Vicepresidencia, amparados baixo o paraugas de Feijóo” para negar unhas reivindicacións “xustas” que os socialistas levarán ao próximo Pleno nunha proposición non de Lei.

Os socialistas galegos amosaron o seu respaldo ás reivindicacións dos traballadores da Xustiza en Galicia, que hoxe levaron a súa protesta ata a sede da Consellería de Xustiza, e que obtiveron unha resposta por parte do goberno galego que “evidencia a falla absoluta da capacidade de diálogo” por parte do goberno galego.

Lamentou que o Executivo “careza de calquera tipo de habilidade para escoitar unhas demandas razoables e demostre unha vez tras outra que prefire opta polar confrontación”. Así o dixo logo de que o goberno galego decidira responder á folga prevista para febreiro suspendendo tódolos permisos laborais da plantilla da Administración de Xustiza en Galicia.

Lembra que estes traballadores e traballadoras enfrontan unha situación “límite” diante dunha “discriminación salarial” con relación ao resto do Estado. Subliñou que “o goberno non pode proclamar para a galería que os seus salarios non evolucionan como deberan pero despois, cando está na súa man atender ás reivindicacións, mirar para outro lado”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar