Proposta para recuperar as condicións laborais dos traballadores públicos

Proposta para recuperar as condicións laborais dos traballadores públicos

Proposta para recuperar as condicións laborais dos traballadores públicos

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, reclamoulle hoxe ao goberno galego que recupere as condicións laborais dos traballadores públicos de Galicia, recortadas dende 2012. No debate dunha interpelación no Pleno do Parlamento, dixo que a restauración da situación anterior a 2012 é “peza clave para a recuperación das políticas sociais e de igualdade en Galicia”.

O responsable socialista lembrou os recortes aplicados aos traballadores públicos, que en Galicia sufriron, ademais do recorte drástico de dereitos a raíz da Lei 1/2012 de medidas temporais, un recorte retributivo adicional entre 2013 e 2016 que supuxo unha perda acumulada dun 14 por cento de media. A conclusión foi un “balance certamente desolador para os servizos públicos básicos en Galicia”.

Acusou ao goberno galego de continuar unha “política trazada para adelgazar os servizos públicos, diminuír a capacidade da acción redistributiva e social do Estado do Benestar e desregulalo para facilitar novos ámbitos de privatización. Criticou que converteran os dereitos en servizos privados e os servizos sociais en beneficencia, mentres “agrandan a fenda da desigualdade social”, garantindo a saúda da crise para uns poucos.

Reclamou “apostar en Galicia por un novo contrato social” para o que “o sector público é peza clave na aposta por unha sociedade máis xusta e equilibrada”, onde 670.000 ingresan menos de 750 euros ao mes e rexistra a segunda pensión máis baixa do Estado, con 720 euros ao mes, 220 euros menos que a media.

Sinalou que a estratexia da Xunta busca unha “inxusta e desigual saída da recesión, ineficaz para un crecemento saudable, que é o baseado na economía produtiva e non especulativa”.

Sen escusas

Díaz Villoslada explicou que o cambio das condicións económicas, con tres anos consecutivos xa de crecemento económico, fai que, cinco anos despois de aplicar unhas medidas que deberan ser revisadas cada bienio, “non teñen máis escusas para devolverlle os dereitos recortados aos case 90.000 empregados públicos autonómicos”.

Apuntou a un “novo marco de previsións macroeconómicas” que, de acordo coa Lei de Orzamentos aprobada onte, “pretende recuperar a calidade nos servizos públicos” logo de un lustro de recortes sistemáticos. Este novo paradigma, sinalou, “esixe a recuperación dos dereitos, as condicións de traballo e o marco de Relacións Laborais e negociación colectiva dos empregados públicos galegos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar