O PP impide pedirlle á Xunta que cumpra coa igualdade de xénero nas direccións das autoridades portuarias

O PP impide pedirlle á Xunta que cumpra coa igualdade de xénero nas direccións das autoridades portuarias

O PP impide pedirlle á Xunta que cumpra coa igualdade de xénero nas direccións das autoridades portuarias

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para que a Xunta cumpra coa presenza equilibrada de mulleres e homes nas autoridades portuarias galegas. No debate dunha proposición non de Lei na Comisión Institucional do Parlamento, Pierres lembrou que ningunha das 4 autoridades portuarias galegas cumpre coa Lei de Igualdade.

A responsable socialista lembra que esta lei de 2007 obriga á presenza dun mínimo dun 40 por cento de mulleres nas entidades públicas, malia o que na Autoridade Portuaria de Vigo só hai 3 de 17 membros, 4 de 16 na Coruña, 6 de 18 en Arousa e 4 de 17 en Marín – Pontevedra.

Urxe á implicación de tódalas institucións que contan con representación nestes consellos de administración, pero lembra que a Xunta nin sequera cumpre co mínimo no seu cupo nos casos de Arousa e Vigo, mentres o Estado somentes designou 4 mulleres dos 13 postos que lle corresponden en total nas 4 autoridades portuarias.

Maniotas

Lembrou as declaracións do PP, que sinalou que a igualdade, como coa transparencia “se cre ou non se cre”, e engadiu que “ou se practica ou non se practica”. Neste sentido, apelou á “falla de práctica” do PP á hora de defender a igualdade, e ironizou co feito de que “precisan de moito ximnasio” augurando que de comezar a defender a igualdade “causaralles maniotas ao principio, pero ao final será saudable mesmo para vostedes”.

A responsable socialista lamentou que para co goberno do PP tanto en Madrid como en Galicia “o anecdótico é que se cumpra a lei e non o contrario” e sinalou que nos Orzamentos do Estado presentado onte deixaron claro que non é unha das súas prioridades. Por iso, dixo, dos 200 millóns comprometidos para a loita contra a violencia de xénero, tan só orzamentaron 80, 120 menos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar