Máxima responsabilidade do PP para aceptar unha transformación radical da política forestal

Máxima responsabilidade do PP para aceptar unha transformación radical da política forestal

Máxima responsabilidade do PP para aceptar unha transformación radical da política forestal

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, apelou hoxe ao PP para que asuma “a máxima responsabilidade” e admita “unha transformación radical da política forestal”. Así o dixo diante da constitución, hoxe, da Comisión de Estudo dos incendios e para a reforma da política forestal de Galicia.

Anunciou “propostas realistas e ambiciosas” para “transformar de maneira radical a política forestal de Galicia e o tratamento da prevención e da extinción de incendios”. “Veremos a actitude do PP –dixo-, sobre quen recae a máxima responsabilidade” ao apoiar ao goberno e a xestión da política forestal que derivou nos incendios de outubro, nos que faleceron 4 persoas e que calcinaron 50.000 hectáreas nunha soa fin de semana.

Sinalou que o órgano que se constituíu hoxe debe contar cun plan de traballo ao remate do Nadal para concluír co seu traballo no período de sesións que remata o próximo mes de xullo. Daquela deberá ser aprobada, dixo, unha proposta de reforma “a fondo” da política forestal” para que os lumes “teñan un impacto moito menor en Galicia”.

O responsable socialista alertou dun Plan Forestal “que non se aplica”, así como a lexislación en materia de prevención, cun goberno “excesivamente centrado na extinción”. A actuación do goberno galego, obviando as consecuencias do cambio climático e dun desenvolvemento desordenado da masa forestal derivado do abandono do rural que, combinados, provocan situacións como a da fin de semana do 15 de outubro.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar