Un pobo solidario cun goberno insolidario

Un pobo solidario cun goberno insolidario

Un pobo solidario cun goberno insolidario

A portavoz de Voluntariado do Grupo Socialista, Noela Blanco, advertiu hoxe que “o pobo galego é solidario, pero está gobernado por políticas insolidarias”. Así o dixo na comparecencia da directora xeral de Xuventude para informar sobre a Estratexia galega de acción voluntaria, á que lle lembrou o desleixo do goberno galego coas políticas relacionadas co Terceiro Sector.

A responsable socialista sinalou que as entidades do Terceiro Sector teñen hoxe 7 veces menos orzamento que en 2009 por culpa dos retallos do goberno galego, que pasou de 9,8 millóns de euros naquel ano a apenas 1,4 en 2018. Por se isto fora pouco, dixo, ademais do control de gasto imposto por Montoro nas axudas a voluntariado dos concellos, e un descenso orzamentario do 68 por cento, só executaron o 28 por cento.

Blanco esixiulle ao goberno alego que “tome nota do exemplo que cada día lle dan os galegos e galegas coas súas accións solidarias espontáneas, porque nestes 9 anos o que nos queda claro é que non existe tal compromiso con Galicia no que atinxe á solidariedade”.

Lembrou así a reacción do voluntariado á hora de recoller chapapote do Prestige, as doazóns de sangue e a axuda espontánea ás vítimas do accidente do Alvia, ou as intervencións veciñais para salvar as vivendas das lapas de lume mesmo con caldeiros de auga “fronte á actitude neglixente da Xunta”.

Balance

A parlamentaria socialista criticou o escurantismo do goberno galego, que presentou hoxe o suposto balance da Estratexia galega de acción voluntaria sen ter remitido o informe de seguimento. Acusounos de “furtarlle á oposición o dereito a exercer o control ao goberno, porque falar dun informe que non existe sería un fraude”.

Reclamou así un balance do cumprimento das obrigas previstas no dito Plan de acción voluntaria, que contempla actualizar o Rexistro de acción voluntaria de Galicia, establecer axudas para o voluntariado entre os colectivos infra – representados ou realizar avaliacións externas.

Tamén obriga, lembrou, a realizar informes anuais sobre a situación do voluntariado que o Parlamento descoñece e a publicación do catálogo de entidades inscritas e que comproben o cumprimento de requisitos.

Ademais, advertiu dun retraso de 7 anos na posta en marcha do Observatorio de Acción Voluntaria, que logo de que a Lei se publicara en 2011, a Xunta “presume de ter aprobado o decreto que o regula en setembro de 2017, e agora aínda está a piques de arrancar o Observatorio”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar