Mínima repercusión da estratexia para a educación dixital desenvolta pola Xunta

Mínima repercusión da estratexia para a educación dixital desenvolta pola Xunta

Mínima repercusión da estratexia para a educación dixital desenvolta pola Xunta

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou hoxe a escasa repercusión da Estratexia galega para a educación dixital 2020 desenvolta pola Consellería de Educación. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na que advertiu que “eu estaría preocupado” polo resultado da “Semana Stem” convocada para quinto e sexto de Primaria e primeiro e segundo de Secundaria.

Explicou que de 898 centros de Primaria tan só participaron 36, dos que seleccionaron 11, e dos 511 de Secundaria, apuntáronse 31 e seleccionaron 8, cun total de 308 alumnos que se verán beneficiados dunha iniciativa dotada de 210.540 euros. Dixo que “a resposta a esta necesaria iniciativa non está a ser, nin con moito, a desexable, máxime se temos en conta que estamos a dous anos do remate da estratexia”.

Álvarez equiparou o desinterese do goberno diante desta pírrica resposta co “cal é o problema?” que están a ofrecer dirixentes do PP fronte ao Caso Cifuentes, mentres “os demais asistimos con preocupación, dor e rabia á devaluación da calidade universitaria do país”.

O parlamentario socialista lembrou que o propio Consello Económico e Social ten presentado o pasado mes de febreiro o documento titulado “Por unha alianza no sector industrial galego: 50 propostas”, no que inclúe a urxencia por xerar unha canteira de científicos e tecnólogos, incidindo especialmente na introdución de nenas neste campo.

O propio CES, sinalou, establece como obxectivo que haxa un 44,4 por cento de persoas matriculadas en graos relacionados coas áreas STEM –siglas en inglés de “ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas”- en 2020, incrementando o valor actual nun 20 por cento, e dun 50 por cento no número de mulleres matriculadas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar