Inseguridade xurídica e falla de consenso na Lei de Espectáculos do PP

Inseguridade xurídica e falla de consenso na Lei de Espectáculos do PP

Inseguridade xurídica e falla de consenso na Lei de Espectáculos do PP

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, advertiu hoxe que a Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas “non garante a seguridade xurídica”. Así o dixo no debate final deste texto, aprobado coa abstención dos socialistas galegos, que presentaron 45 emendas, das que foron incorporadas 15.

A responsable socialista explicou que a Lei non foi aprobada polos socialistas polas dúbidas xurídicas que provoca, ademais de ser “pouco clara e normativamente dispersa”, e que foi presentada sen o consenso do sector. Criticou que teña sido aprobada “sen os informes preceptivos de todos os sectores afectados e sen estar adaptado á realidade do país”.

Reclamou un debate da Lei “máis dilatado” para incorporar as aportacións dos concellos e presentar unha norma aprobada por consenso, pero que foi “imposible pola presa do PP para rematar o trámite parlamentario logo de 3 anos dende que iniciaron a súa elaboración na Xunta”. Apuntou que se trata dun texto “necesario”, pero que “ten que protexer aos usuarios e espectadores, debe garantir o cumprimento dos dereitos fundamentais e unha convivencia ordenada”.

A responsable socialista presentou as 45 emendas derivadas das consultas ao sector, asociacións de veciños, asociacións de consumidores e usuarios e diversos concellos, dirixidas a “mellorar significativamente o contido da Lei”. Estas afectan á definición do contido, delimitan os espectáculos e actividades nas que non sería aplicada a Lei e incrementan a seguridade xurídica definindo as instalacións portátiles ou desmontables.

Tamén reclamou darlle “contido real” á Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, garantindo ademais a representación de tódalas partes afectadas, que sería a encargada de coordinar ás administracións competentes. Ademais, informaría sobre as disposicións sobre catálogo de actividades, horarios ou servizos de vixilancia, seguridade e control de acceso.

Rodríguez Rumbo propuxo tamén elaborar un texto refundido que recolla toda a normativa autonómica sobre espectáculos públicos e actividades recreativas, xa que hoxe en día, sinalou, a normativa atópase dispersa en 9 normas diferentes.

Informes preceptivos

A parlamentaria socialista advertiu ademais que o texto foi presentado sen incluír informe da Comisión Galega de Cooperación Local, malia que obriga aos concellos a asumir novas competencias sobre a materia pero sen incluír recursos adicionais. Así, os gobernos locais deberán asumir a regulación de horarios, autorizacións extraordinarias, inspección e control ou a incoación de expedientes sancionadores.

Reclamou ademais a incorporación do informe do Consello Económico e Social, xa que, segundo sinala o propio goberno galego, afecta ao desenvolvemento social e económico de Galicia. Explicou que de acordo co IGE, as actividades artísticas, recreativas e outros servizos supoñen o 3,5 por cento do PIB, representan o 7,8 por cento dos postos de traballo e o 7,32 por cento das horas traballadas en Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar