Gonzalo Caballero ve a Rajoy "ferido políticamente" pola sentenza da Gürtel mentres Pedro Sánchez encarna "o proxecto de cambio necesario para o país"

Gonzalo Caballero ve a Rajoy "ferido políticamente" pola sentenza da Gürtel mentres Pedro Sánchez encarna "o proxecto de cambio necesario para o país"

Gonzalo Caballero ve a Rajoy “ferido políticamente” pola sentenza da Gürtel mentres Pedro Sánchez encarna “o proxecto de cambio necesario para o país”

O secretario xeral valora que “é importante que o país teña a capacidade de retirar a corrupción do PP do goberno” e “abrir un novo ciclo político”

 

Madrid, 31 de maio de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, seguiu este xoves o debate da moción de censura dende a tribuna do Congreso dos Deputados, e destacou que Pedro Sánchez foi quen de “presentar un proxecto de cambio que é necesario para este país”.

 

Fronte ao líder socialista, Gonzalo Caballero atopou a un Rajoy “incapaz de recoñecer o problema de corrupción” que ten o PP e “intentando negar a sentenza da Gürtel con certa agresividade” porque está “ferido politicamente”.

 

Nesa liña, o secretario xeral do PSdeG chamou ao PP a “asumir que ten unha sentenza de corrupción gravísima” que “non ten comparación” con ningún outro caso e uniu ese feito ao proxecto “agónico” que encabeza Rajoy.

 

É por iso que o líder dos socialistas galegos valorou que “é importante que o país teña a capacidade de retirar a corrupción do PP do goberno”  e “abrir un novo ciclo político” con “fórmulas que permitan acadar unha certa estabilidade gobernamental”. “Con acordo e diálogo”, explicou.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar