Gonzalo Caballero reclama á Xunta que "rectifique" o inxusto recorte" de 180.000 euros para empregabilidade de persoas con síndrome de Down

Gonzalo Caballero reclama á Xunta que "rectifique" o inxusto recorte" de 180.000 euros para empregabilidade de persoas con síndrome de Down

Gonzalo Caballero reclama á Xunta que “rectifique” o inxusto recorte” de 180.000 euros para empregabilidade de persoas con síndrome de Down

Gonzalo Caballero visita Down Galicia e transmite á súa dirección o seu “compromiso” de que o apoio á discapacidade será “unha prioridade” cando chegue ao goberno

 

Santiago, 17 de abril de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe á Xunta que “rectifique” o “inxusto recorte” de 180.000 euros que ten perpetrado nos fondos para fomento da empregabilidade que se destinan á Fundación Down Galicia.

 

“Ese recorte foi inxustificado e innecesario e, con carácter positivo pero con toda a contundencia de esixir algo xusto, reclamamos a Feijóo que se retome o nivel de axudas”, recalcou o líder dos socialistas galegos tras manter unha xuntanza coa directiva de Down Galicia e de percorrer as súas instalacións na capital galega.

 

Nese escenario, Gonzalo Caballero defendeu que “rectificar ese recorte é necesario, positivo e realizable”, posto que a contía en xogo “non é inasumible” nun momento de crecemento económico. Así é que, como dixo, os socialistas “manteremos ese plantexamento” e non “por confrontación política”, senón porque é “de xustiza”.

 

Non en van, o líder do PSdeG reivindicou a importancia da “igualdade de oportunidades” para os socialistas. “A sociedade do século XXI ten que ter presente que ninguén pode quedar na exclusión ou con menos oportunidades”, sinalou.

 

É por iso que incidiu en que as administracións teñen que “dar posibilidades” de educación, sanidade e envellecemento con calidade e igualdade a todas aquelas persoas con diversidade funcional ou discapacidade e, nesa liña, apoiar ás entidades que chegan “onde ás veces” non o fan as propias institucións.

 

“COMPROMISO”

 

Dito isto, Gonzalo Caballero transmitiu á dirección de Down Galicia o seu “compromiso” de manter unha relación “fluída” con eles e de situar o tratamento e o apoio á discapacidade como “unha prioridade” cando haxa un cambio de goberno en Galicia.

 

Pola súa banda, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, agradeceu a visita do secretario xeral do PSdeG, a quen transmitiu “os obxectivos” da entidade e “as dificultades” que atravesa.

 

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar