Gonzalo Caballero esixe á Xunta un plan "transversal" con medidas económicas, urbanísticas e de atención para os afectados de Tui

Gonzalo Caballero esixe á Xunta un plan "transversal" con medidas económicas, urbanísticas e de atención para os afectados de Tui

Gonzalo Caballero esixe á Xunta un plan “transversal” con medidas económicas, urbanísticas e de atención para os afectados de Tui

O secretario xeral do PSdeG reclama tamén, por “transparencia” e por “tranquilidade”, coñecer as causas da detonación

 

Tui, 26 de maio de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu hoxe ao presidente da Xunta que “se molle” e tome todas as medidas necesarias para “paliar” os danos producidos pola explosión en Tui. En concreto, urxiu un plan “transversal” que inclúa axudas económicas e actuacións urbanísticas para reconstruír as vivendas afectadas e “todo tipo de atención” para as persoas que foron vítimas.

 

“Os que perderon o seu fogar e os que teñen membros da familia hospitalizados necesitan todo tipo de atención”, recalcou Gonzalo Caballero ao fronte dunha ampla delegación de cargos socialistas no Congreso dos Deputados, o Parlamento de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui.

 

E é que, como transmitiu aos xornalistas o líder do PSdeG, os veciños están trasladando a súa “fonda preocupación” ante o feito de que as medidas que está anunciando a Xunta son “insuficientes”.

 

Fronte a iso, Gonzalo Caballero asegurou que o PSdeG reclamará tanto ao Goberno como á Xunta que dispoñan medidas “con carácter inmediato” para atender ás persoas e ás familias afectadas, e que dean “toda a información” sobre as causas do sucedido e tomen nota para que “non volva ocorrer”.

 

Como sinalou o secretario xeral, é urxente “dar solucións” á familia das dúas vítimas mortais, aos feridos e aos “centos” de afectados pola perda ou destrución do seu fogar, nun contexto no que as normas urbanísticas “dificultan” as reconstrucións. A maiores, tanto por “transparencia” como por “tranquilidade” da opinión pública, é necesario que se aclaren os motivos polos cales se produciu a detonación. e

 

“DAR SOLUCIÓNS”

 

En paralelo, Gonzalo Caballero puxo en valor o traballo que está facendo a Deputación de Pontevedra a pesares de non ter competencias específicas na materia “para dar solucións aos veciños”.

 

Ao respecto, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, explicou que fronte a “un drama” destas características, a institución que dirixe “non vai mirar cara outro lado”.

 

Así é que propuxo crear unha mesa de traballo conxunto de todas as administración, que hoxe celebrou a súa primeira reunión, e se comprometeu a prestar “toda a asistencia técnica” que precise o Concello de Tui.

 

Xa onte, como indicou, se trasladaron ao municipio seis traballadoras sociais que están apoiando aos afectados e axudándoos cos procedementos administrativos para solicitar as axudas. Así mesmo, na zona están os Bombeiros do Consorcio Provincial e arquitectos e enxeñeiros que están avaliando o estado das vivendas.

 

E, tras aplaudir o “compromiso” do seu partido ao reclamar en todas as institucións as medidas necesarias, urxiu a Xunta e Goberno que dispoñan axudas económicas para os afectados por ser as únicas administracións con competencia para facelo.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar