Gonzalo Caballero denuncia o desmantelamento das áreas sanitarias, un "erro" da "recortadora de dereitos" de Feijóo

Gonzalo Caballero denuncia o desmantelamento das áreas sanitarias, un "erro" da "recortadora de dereitos" de Feijóo

Gonzalo Caballero denuncia o desmantelamento das áreas sanitarias, un “erro” da “recortadora de dereitos” de Feijóo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, atacou hoxe á “axenda de recortes e desmantelamento de recursos públicos” do PP, que ve “moi lesiva para o conxunto do país”. Así o dixo logo dun encontro coa xunta de persoal do Hospital da Costa, en Burela, xunto con cargos institucionais e orgánicos do PSdeG, en contra da reforma da Lei de Saúde presentada por Feijóo.

O líder dos socialistas galegos criticou o “erro” que supón o “desmantelamento” da área sanitaria da Mariña, xunto coas do Salnés, Monforte e Valdeorras, que quedarán integradas nos hospitais provinciais de referencia, afastando os recursos dos veciños. Criticou á “recortadora de dereitos” que supón “a dereita e os gobernos do PP”, e ratificou o compromiso dos socialistas galegos coa sanidade pública.

Trátase, explicou, dunha “cuestión vital para Galicia e o conxunto da cidadanía galega”, e defendeu unha “sanidade pública, gratuíta e próxima á cidadanía”. Cuestionou o recorte de servizos, nesta ocasión na área da Mariña en concreto, e subliñou o “compromiso dos socialistas galegos para defender toda a capacidade de acción posible para o Hospital da Costa”.

O líder dos socialistas galegos fixo estas declaracións ás portas do Hospital, logo de manter un encontro coa xunta de persoal, e no transcurso dunha concentración en protesta acompañado por representantes dos alcaldes, alcaldesas, portavoces e secretarios xerais das agrupacións socialistas da comarca.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar