Feijóo leva dous anos sen aprobar o réxime de contratación de persoal investigador

Feijóo leva dous anos sen aprobar o réxime de contratación de persoal investigador

Feijóo leva dous anos sen aprobar o réxime de contratación de persoal investigador

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, criticou o veto por parte do PP a unha iniciativa parlamentaria presentada polos socialistas hoxe en Comisión para urxir á posta en marcha do réxime de contratación de persoal investigador anunciado polo goberno en marzo de 2016.

O responsable socialista acusou a Feijóo de “converter en papel mollado” o seu compromiso co persoal investigador, logo de que en marzo de 2016 anunciaran o “inicio da tramitación do proxecto de Decreto” que regula o réxime de contratación deste persoal en Galicia. Un ano despois, en marzo de 2017, era o PP o que aprobaba unha iniciativa en Pleno transaccionada co PSdeG pedíndolle á Xunta a posta en marcha deste réxime.

Díaz Villoslada sinalou que ningunha das dúas iniciativas ten prosperado, e hoxe mesmo votan en contra dunha proposta semellante presentada polos socialistas galegos “demostrando o alcance do seu compromiso” con este persoal e o calado da súa aposta polo I+D+i. Esta decisión pon en cuestión, dixo, o obxectivo do Plan Innova Galicia 2020, que fala de incrementar un 10 por cento estes empregos.

A realidade é que Galicia tan só destina un 0,8 por cento do PIB a I+D+i, co que é a décima Comunidade Autónoma, lonxe do 1,2 de media e do 1,9 por cento que lle dedica o País Vasco, máis preto do 2 por cento que é o obxectivo marcado pola OCDE.

Apuntou que, segundo o INE, Galicia ten perdido 1.500 efectivos de persoal investigador entre 2010 e 2016, o que supón un 17 por cento. Dixo que ata o propio Consello Económico e Social “eméndalle a plana” ao goberno galego na alianza presentada en materia de industria, cando “as súas propias propostas recomendan a retención e atracción do talento científico e investigador”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar