Desleixo da Xunta no coidado do Río Umia

Desleixo da Xunta no coidado do Río Umia

Desleixo da Xunta no coidado do Río Umia

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que elabore e poña en marcha antes do remate deste ano un proxecto integral de coidado e atención do encoro da Baxe. A responsable socialista critica o desleixo da Xunta diante da situación do Umia, en alerta pola reiterada invasión de cianobacteria.

A parlamentaria socialista urxe a implicación do goberno galego para garantir que a auga estea nas mellores condicións e evite os problemas de abastecemento da poboación de Caldas de Reis, que teñen que ser afrontados polo Concello. Por iso reclama que o goberno encargue a limpeza da canle do río e do fondo do encoro da Baxe antes de que remate 2018.

Neste sentido, reclama unha xuntanza extraordinaria entre os representantes da Consellería de Medio Ambiente, da Confederación Hidrográfica Galicia – Costa, de Augas de Galicia e dos representantes de tódolos concellos da conca do Umia. Tamén pide unha xuntanza extraordinaria urxente do Observatorio Autonómico dos Ríos de Galicia, ante a situación de alerta do encoro da Baxe e do río Umia.

Vilán advirte a importancia das reiteradas explosións de cianobacteria que tinguen de verde as augas do río e do encoro da Baxe “sen que o goberno galego teña dado sinais de existencia, xa que nin sequera se teñen achegado á zona”. Apunta que este problema “afecta de maneira directa a tódolos concellos polos que transcorre o río”, que son Caldas, Cuntis, Moraña, Barro, Portas, Vilagarcía, Vilanova, Ribadumia ou Cambados.

A maiores, sinala, a veciñanza padece as restricións para o baño durante o verán, e o propio Concello de Caldas ten que asumir un sobrecuste do 25 por cento para garantir que os seus veciños reciban auga de calidade.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar