Desleixo da Xunta fronte á contaminación das rías galegas

Desleixo da Xunta fronte á contaminación das rías galegas

Desleixo da Xunta fronte á contaminación das rías galegas

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle hoxe ao goberno galego unha “acción integral” sobre as rías galegas “encamiñada á súa recuperación medioambiental e produtiva”. Así o dixo no debate dunha interpelación socialista na que lles esixiu na que alertou de que as rías están “en grave perigo se non se toman medidas”.

A responsable socialista alertou da “preocupación” da UE diante deste “desleixo en depuración”, nomeadamente dende a visita dos eurodeputados en 2013, que constataron o “grave perigo” das rías de Ferrol, O Burgo e Vigo, e das sancións de 2016 sobre as eivas de depuración en Galicia.

Criticou que a Xunta teña o proxecto de O Burgo sen aprobar, o Plan de Saneamento de Pontevedra “non existe”, e a única aportación á depuración de Santiago é “o ex conselleiro de Medio Ambiente botando lixo ao Sar”.

Vilán lamentou o “desinterese” da actual conselleira de Medio Ambiente coas rías, xa que “cando as visita pasa por aí igual que pasa por alí nos consellos da Xunta”. Así o dixo logo de que, ao falar da alta presenza de mulleres no Executivo de Pedro Sánchez, Mato presumira de que o goberno galego ten 5 homes e 5 mulleres cando en realidade hai “4 conselleiras, 6 conselleiros e un presidente”.

A responsable socialista fixo un repaso da situación das rías galegas, comezando pola Ría de Arousa, onde “a produción ten caído en picado, o berberecho morre por un parasito foráneo e a marea vermella ten estrangulado ao produtores de mexillón. Esta Ría, dixo, padece hoxe a deficiente depuración da área de Compostela, mentres en Noia e Ribeira “non se coñece se o emisario submarino de touro se fixo de acordo ao proxecto.

A Ría de Pontevedra, continuou, “está contaminada, ten toxinas que fan que estea pechada gran parte do ano, e hai frustración de mariscadores e bateeiros, con razón”. Advertiu que hai xa unha sentenza de condena respecto das aglomeracións de Pontevedra – Marín – Poio – Bueu, e a Comisión remitiulle a España un escrito, pero a resposta do goberno español “aínda está a ser avaliada polos servizos da Comisión”.

A Ría de O Burgo, dixo, “péchase ao marisqueo” logo de que a Xunta fixera caso omiso das recomendacións dos parlamentarios europeos, que en 2013 urxiron a investir os fondos comunitarios na mellora da calidade da auga, a extracción dos lodos e o seu tratamento.

Con relación á depuración das augas residuais de Compostela, dixo, en abril de 2011, outubro de 2013 e decembro de 2014 a Comisión Europea enviou avisos de denuncia diante do Tribunal de Xustiza da UE por “non existir garantía do bo tratamento das augas residuais urbanas en diversas zonas de Galicia, pola falla dun sistema axeitado de tratamento e porque existe risco para a saúde pública.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar