O conselleiro de Política Social debe dar conta no Parlamento da privatización do Centro de Menores de Montealegre

O conselleiro de Política Social debe dar conta no Parlamento da privatización do Centro de Menores de Montealegre

O conselleiro de Política Social debe dar conta no Parlamento da privatización do Centro de Menores de Montealegre

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, reclamoulle hoxe ao conselleiro de Política Social que dea conta diante do Parlamento da privatización do Centro de Menores de Montealegre, en Ourense. No debate dunha iniciativa parlamentaria en Comisión, esixiu explicacións públicas “ao máis alto nivel” por un proceso que cualificou de “salvaxada” contra os menores.

Blanco criticou a privatización do Centro de Menores logo de que a Xunta publicara a privatización da xestión no DOG do pasado 1 de marzo. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión para reverter a xestión pública deste servizo, que foi rexeitada polo PP.

Cualificou a privatización do servizo de “salvaxada” e “atentado contra os máis débiles” que foi preparado polo goberno de Feijóo dende que comezou coas restricións ao servizo en 2011, e que agora “deixan empaquetado para regalo despois de 6 anos e 1,7 millóns de investimentos en reformas. Acusou á Xunta de xeneralizar a privatización destes centros, agora o de Montealegre, pero “antes foron os de Montefiz e Monteledo”.

A responsable socialista reclamoulle ao PP que “de vez en cando digan a verdade”, logo de lembrar as declaracións da deputada Marta Rodríguez Arias, que hoxe defendeu a decisión da Xunta logo de ter negado a privatización en marzo de 2012. Daquela limitaba a intervención a “obras de reforma” e negaba a privatización e a “reformulación” da xestión do centro.

Puntualizou que mesmo nas ofertas de traballo por internet figuraban, xa antes de anunciar a concesión do servizo, postos de auxiliar de servizo e mantemento, monitores especialistas e educadores para o centro de menores.

A responsable socialista criticou o trato prestado polo goberno galego aos menores afectados, ingresados por problemas de conduta e que foron incorporados a outros centros de Galicia aos que lles xeraron serios problemas de xestión e convivencia entre os rapaces.

Blanco reclamou a “xestión pública do que ten que ser un centro cen por cen público, con traballadores públicos” e reclamou respecto aos profesionais e priorizar a atención aos menores en situación de desprotección “por enriba de calquera negocio para os seus amigos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar