Catálogo mínimo de servizos sanitarios para que tódolos galegos teñan os mesmos dereitos

Catálogo mínimo de servizos sanitarios para que tódolos galegos teñan os mesmos dereitos

Catálogo mínimo de servizos sanitarios para que tódolos galegos teñan os mesmos dereitos

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, respondeu hoxe á supresión das áreas sanitarias comarcais propoñendo a ampliación das 7 impostas pola Xunta a 14 en toda Galicia incluíndo un catálogo de servizos mínimos. O responsable socialista presentou as 46 emendas dos socialistas galegos ao proxecto de Lei que está a ser tramitada na Cámara autonómica.

Os socialistas reclaman así establecer unha área sanitaria asociada a cada Hospital de referencia co obxectivo de garantir os servizos dos que debe dispor por igual toda a cidadanía de Galicia. Explicou que a súa proposta pasa por fixar por Lei o catálogo que o goberno galego “hoxe asegura ofrecer nos hospitais comarcais” para asumilos como unha garantía mínima de servizos sanitarios.

Apuntou que, “se a Xunta é responsable, non debera ser problemático” fixar por Lei os que son ademais os 53 servizos máis utilizados. Entre estes figuran prestacións básicas como Atención Domiciliaria, Dixestivo, Análises, Diálese, Cardioloxía, Cirurxía Ambulatoria, Enfermería, Farmacia, Xinecoloxía, Medicina Interna, Urxencias, Rehabilitación, Vacinación ou Pediatría, entre outras.

Julio Torrado advertiu da necesidade de fixar este catálogo, especialmente cando “o PP entende que cando non está marcado o mínimo hai que reducir servizos ata o mínimo do mínimo”. Así o dixo logo de criticar a “actitude soberbia” do PP e o goberno galego no debate de toma en consideración da Lei no pasado Pleno, con “nulas explicacións e unha presentación pobre” na que “agochan por que queren aprobar esta Lei”.

Participación

Tamén reivindicou recuperar os niveis de participación que o Consello Galego de Saúde tiña en 2008, devolvéndolle o dereito á información e avaliación, para a Xunta restaure a posibilidade de emitir informes. Engadiu que “se o problema que esgrime o Goberno é que ten demasiados integrantes, propoñemos reducilos á metade garantindo a proporcionalidade e a participación”.

Ademais, inclúe unha emenda concretando a capacidade de investigación do sistema galego, reforzando a consideración de autor para o persoal investigador e subliñando a súa participación nos beneficios derivados do seu traballo. Presentou unha redacción “máis eficaz” fronte á proposta da Xunta, “con demasiadas espirais e xiros dialécticos que o asemellan máis a un argumentario de partido que a unha proposta legal”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar