Escaso apoio do goberno galego ao sector cunicultor

Escaso apoio do goberno galego ao sector cunicultor

Escaso apoio do goberno galego ao sector cunicultor

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, reclamou hoxe o apoio do goberno galego ao sector cunicultor, do que dependen en Galicia máis de 600 postos de traballo directos. O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión na que reivindicou axudas logo das perdas polos baixos prezos en orixe e a elevada mortalidade provocada pola vaga de calor.

O responsable socialista apuntou á banalización do produto por parte dos grandes axentes, que obrigan a uns produtores sen capacidade de negociación a financiar a estratexia comercial, a atomización do sector e a falla de normativa inciden sobre a vulnerabilidade dos cunicultores.

Estes atópanse ao borde da desaparición polos baixos prezos, de 1,6 euros por quilogramo cando os custes de produción estímanse arredor dos 1,8 euros, que só superaron nas últimas semanas polas perdas de coellos provocadas pola vaga de calor.

Pérez Seco trasladoulle hoxe ao goberno galego as demandas do sector, que pasan pola súa implicación á hora de potenciar os mercados de proximidade e aumentar así as vendas, permitíndolles asumir o sacrificio e abrindo a venda directa na propia explotación, aforrando custes de matadoiro e transporte.

O parlamentario socialista salientou a importancia do sector para Galicia, que lidera a produción de carne de coello de todo o Estado xunto con Cataluña e Castela e León, sendo ademais a terceira Comunidade con máis cabezas, co 16 por cento e un total de 230 explotacións das pouco máis de 3.000 que hai no Estado.

Agacal

O parlamentario socialista tamén interveu na comparecencia do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria –Agacal-, a quen responsabilizou da “estratexia errónea” do goberno galego con relación aos produtos alimentarios galegos. Criticou a perda de peso continua da Agacal dende o ano 2009, no que cos orzamentos do goberno presidido por Pérez Touriño recibía 5,6 millóns de euros, ata os 3,2 que percibiu en 2018.

Criticou ademais a falla de previsión do goberno galego, que ademais de estrangular o orzamento de Agacal veuse obrigado en pleno exercicio de 2017 a inxectar 650.000 euros adicionais no organismo para facer fronte aos gastos de persoal.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar