Acordo para pedirlle á Xunta financiamento plurianual para as federacións deportivas

Acordo para pedirlle á Xunta financiamento plurianual para as federacións deportivas

Acordo para pedirlle á Xunta financiamento plurianual para as federacións deportivas

A Comisión de Política Institucional do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que estableza “marcos plurianuais de financiamento” para as federacións deportivas galegas. O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, presentou esta proposta, que foi transaccionada cunha emenda do PP e aprobada por unanimidade, “para que o deporte medre”.

O responsable socialista alertou da drástica redución do orzamento destinado pola Xunta ao deporte galego, que lle reduciu á metade en apenas dez anos, dende os 42 millóns de 2008 aos 22 deste ano. Ademais, o réxime de subvencións e axudas ás federacións retrocedeu un 30 por cento entre 2010 e 2018, dende os 5 aos 3,6 millóns de euros deste ano.

Díaz Villoslada trasladou hoxe as queixas do propio tecido federativo de Galicia, que alerta da falla de orzamentos para facer fronte tanto á actividade propia como ás funcións delegadas polo goberno galego. Ademais, os convenios non son coñecidos ata os meses de maio e xuño, o que lles obriga a adiantar fondos propios para desenvolver a súa actividade.

As federacións reclaman, dixo, un instrumento plurianual que garanta a súa suficiencia financeira, que lles permita cando menos coñecer os orzamentos dispoñibles para varios exercicios, ademais de facer públicos os baremos e indicadores para a concesión destas axudas.

Política deportiva

O responsable socialista puxo en dúbida a existencia dunha “política deportiva con maiúsculas” por parte do goberno galego, xa que logo de seis anos despois de ter aprobado a Lei do Deporte de Galicia de 2012, esta continúa “sen desenvolvemento regulamentario nos seus aspectos esenciais”.

Ademais, dixo, de que teñen deixado ao borde da inanición ás federacións deportivas, que entre os anos 2010 e 2018, como o caso do ciclismo -de 198.000 a 99.000 euros-, halterofilia –de 57.000 a 49.000-, hockey –de 57.000 a 12.000-, montañismo –de 46.000 a 19.000- balonmán –de 221.000 a 147.000-, mentres fútbol medrou de 103.000 a 110.000 antes de fusionarse con fútbol sala en 2017.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a realizar un estudo dos custes reais do exercicio das competencias delegadas pola Xunta de Galicia nas federacións deportivas galegas, que permita adecuar a financiación destes custes á súa realidade, valorando na medida do posible establecer marcos plurianuais de financiación que faciliten a confección dos seus orzamentos reais ás federacións deportivas de Galicia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar