10 anos de retraso para o Plan de Protección da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba

10 anos de retraso para o Plan de Protección da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba

10 anos de retraso para o Plan de Protección da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba

A parlamentaria socialista Loli Toja reclamoulle hoxe ao goberno galego a iniciar en 2018 o Plan de Conservación e Protección dos Penedos de Pasarela e Traba, nos concellos de Vimianzo e Laxe. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión na que lembrou que o próximo 11 decembro farán dez anos dende que foron declarados “paisaxe protexida” polo goberno de Touriño.

A responsable socialista urxiu ao goberno galego a adiantar a este ano un Plan polo que levan agardando dez anos, dende que coa chegada de Feijóo ao goberno galego o proxecto fora “metido nun caixón”.

A parlamentaria da Costa da Morte sinalou a ausencia do goberno galego do encontro do pasado 1 de xuño, no que tamén participou o concello de Vimianzo, e instou á Xunta a participar na andaina ata os Penedos dende os dous concellos, convocada para o próximo 11 de decembro, coincidindo cos dez anos do decreto.

Dixo que o goberno “ten que facer algo máis” para protexer e dar a coñecer esta paisaxe, aproveitando unha oportunidade para “promover o desenvolvemento económico e turístico da zona”.

Dous anos

Toja lembra que os Penedos foron declarados como paisaxe protexida polo goberno do socialista Emilio Pérez Touriño, a través do Decreto 294/2008. Aquel decreto establecía un prazo de dous anos para aprobar o Plan de Conservación e un plan de acción para garantir a protección, xestión e ordenación do espazo.

Sinalou que a realidade é que o decreto permaneceu dez anos esquecido polo goberno de Feijóo, nos que “non recibiron ningún tipo de atención, obviando un decreto que aínda permanece en vigor”. Criticou que “todo canto fixo o goberno de Feijóo foi incluír un enlace na súa páxina web de Turismo e que “nin sequera aceptou a invitación do Concello de Laxe para participar na mesa redonda que se celebrará hoxe.

A parlamentaria da Costa da Morte apunta que os Penedos de Pasarela e Traba son, xunto co Val do río Navea –nos concellos ourensáns de San Xoán de Río e a Pobra de Trives-, os únicos dous espazos de Galicia acredores desta figura de protección.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar