Categorías: Actualidade

Valentín González Formoso reclama que Barreras sexa adxudicado a unha oferta que “prime a permanencia da plantilla”

O líder dos socialistas galegos sinala que “os traballadores son o principal capital e o verdadeiro valor do estaleiro”

Mantén un encontro en Vigo co Comité de Empresa do estaleiro no día que a administración concursal recibe aos posibles ofertantes

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamou que o estaleiro Barreras, en concurso de acredores, sexa adxudicado a unha oferta que “prime a permanencia da plantilla”. Así o dixo hoxe en Vigo, onde mantivo unha xuntanza cos representantes do Comité de Empresa, precisamente no día en que a administración concursal recebe as posibles ofertas.

O líder dos socialistas galegos lembrou que a Lei “permite que se valore por riba de todo á oferta concreta que máis conta cos traballadores e as traballadoras, que son o verdadeiro capital humano, o verdadeiro valor do estaleiro” e os “verdadeiros afectados” polo proceso. Sinalou que “calquera nave, varadeiro ou concesión ao final non son máis que ferro, papeis e investimento”.

Valentín González Formoso subliñou neste sentido que “o que hai que coidar claramente é unha resolución, unha adxudicación que prime a permanencia da inmensa maioría da plantilla do estaleiro”.

Comité de empresa

O presidente do Comité de Empresa, Sergio Gálvez, agradeceu o respaldo e apoio “claro e meridiano” do líder dos socialistas galegos no encontro de hoxe que, lembrou, coincide coa presentación dos posibles ofertantes diante da administración concursal do estaleiro.

Gálvez lembrou que das 3 ofertas, dúas delas defenden a continuidade da plantilla, e subliñou que “non entenderíamos a saída da empresa se non é coa totalidade” dos traballadores e traballadoras”. Reivindicou o “esforzo importante” por parte da plantilla, admitindo un ERTE para permitir que o estaleiro fora vendido e “sabendo que sen os esforzos pertinentes non estariamos nunha posición de venta”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09