Categorías: Actualidade

Silvia Longueira denuncia a lei do PP sobre os medios públicos: “É un delirio de poder e control”

A deputada socialista sinalou que o texto do PP é “un ataque á democracia, á liberdade de información e á identidade galega”

Entre os aspectos máis graves, Longueira salientou  a eliminación do Estatuto Profesional e do Consello de Informativos, substituíndoos por un “Consello Asesor” controlado por cargos políticos

A deputada socialista Silvia Longueira cargou hoxe no Parlamento contra o proxecto de lei presentado polo Partido Popular sobre os medios públicos de comunicación audiovisual e defendeu a enmenda á totalidade “porque é un delirio de poder e control”. Durante a súa intervención, Longueira denunciou que esta lei, presentada como unha suposta modernización, é en realidade “unha ferramenta de control político absoluto, unha agresión á identidade galega e un golpe á liberdade de información”.

A deputada acusou ao PP de consolidar coa súa proposta un sistema de manipulación informativa que xa leva máis de quince anos degradando os medios públicos. Longueira asegurou que este proxecto de lei elimina calquera amparo á independencia profesional e destrúe a función pública da CRTVG.

Entre os aspectos máis graves do texto do PP, Longueira salientou  a eliminación do Estatuto Profesional e do Consello de Informativos, substituíndoos por un “Consello Asesor” controlado por cargos políticos, o que elimina calquera garantía de pluralidade e independencia.

Tamén criticou a elección da dirección xeral por maioría absoluta, sen consenso e con opción a renovación indefinida, permitindo ao PP manter o control absoluto sobre os medios.

Outro dos moitos temas controvertidos do proxecto de Rueda é “a externalización masiva de contidos, en detrimento da produción propia, que pon en perigo os postos de traballo e destrúe o sector audiovisual galego”.

A deputada sinalou a marxinación da lingua e da cultura galegas na nova lei, contradicindo a obriga de promover contidos en galego e ignorando as directrices europeas de liberdade de medios.

Desprezo pola cultura galega e polos profesionais

Silvia Longueira lamentou a censura que a CRTVG exerce sobre eventos de relevancia cultural como a recente entrega dos Premios Feroz en Pontevedra, ignorados pola televisión e a radio públicas. “Que tipo de país decide silenciar aos seus propios talentos e desprezar a súa industria cultural? Só un país onde o goberno utiliza os medios como arma política contra a súa propia sociedade”, afirmou.

Tamén destacou o desprezo pola dignidade profesional dos traballadores da CRTVG, que levan máis de seis anos mobilizándose baixo o lema “Defende a Galega”, así como a destrución do arquivo audiovisual público, fundamental para preservar a memoria e a identidade galegas.

Silvia Longueira pechou a súa intervención cunha mensaxe clara: “Con este proxecto de lei, o Partido Popular dálle as costas á sociedade galega e aos seus profesionais, condenando á CRTVG a ser unha mera ferramenta de propaganda. Desde o Partido Socialista temos a mesma sensación que os nosos emigrantes cando fuxían da opresión e da miseria: anhelaban Galicia, pero detestaban a súa xestión”.

O Grupo Socialista reitera a súa firme oposición a este proxecto de lei e fai un chamamento á cidadanía para defender uns medios públicos libres, plurais e ao servizo da sociedade galega, e non ao servizo dun partido político.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Lara Méndez: “Se o PP fose coherente, a súa ponencia titularñiase “programa para desmantelar dereitos e sementar odio”

A secretaria de Organización do PSdeG denunciou que o PP “quere borrar o galego”, pretendendo…

03/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza ao PP a actualizar as normas da Comisión do Consello de Contas para incrementar os debates e adiantar o Plan de Traballo do ente fiscalizador

Elena Espinosa reclama fiscalizar un informe sobre as subvencións “a dedo” concedidas polo PP dende…

03/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta que asuma “cando menos” un terzo do financiamento da nova Edar de Barreiros, como tiña comprometido en 2010

Lara Méndez responsabiliza ao goberno galego de “despilfarrar fondos” ao paralizar o proxecto durante 15…

03/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que Augas de Gaicia opera “de forma descoordinada, sen planificación estratéxica clara e sen transparencia”

Paloma Castro alerta da xestión ineficiente e opaca do canon da auga e reclama un…

03/07/2025
  • Actualidade

Nicolás González Casares acusa a Rueda de incumprir co seu comrpomiso de convocar aos representantes galegos nas súas visitas a Bruxelas

O eurodeputado socialista galego sinala que “Galicia precisa dun presidente que una ás forzas políticas…

02/07/2025
  • Actualidade

Paloma Castro esíxelle á Xunta que poña en marcha o novo sistema de xestión da xustiza en lingua galega “dende o día 1”

lembra que o PP nunca implantou o galego no anterior sistema nos seus preto de…

02/07/2025