Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle ao Parlamento que poña a disposición das institucións xudiciais a documentación entregada á Comisión de Investigación do sobrecuste do Cunqueiro e os contratos da Xunta

Elena Espinosa censura o “bochornoso exercicio de opacidade” por parte do PP na Comisión de Investigación

 

A viceportavoz do Grupo Socialista, Elena Espinosa,, reclamoulle hoxe ao Parlamento que poña a disposición das institucións xudiciais a información recabada pola Comisión de Investigación do sobrecuste do Hospital Álvaro Cunqueiro e os contratos da Xunta a empresas do entorno de Feijóo e altos cargos do PP. Así o dixo logo de que o PP aprobara en solitario o ditame sen incorporar unha sola aportación dos socialistas galegos, que mantiveron o seu voto particular.

 

A responsable socialista reclamoulle ao Parlamento que “de non seguir investigando, a lo menos poña a disposición das institucións xudiciais a información que ten recabado”, incluíndo a gravación das comparencias e a documentación que faga falta. Reclamou que “entreguen todo o necesario para que se estime a posibilidade de que o percorrido sexa xudicial, se a vía parlamentaria non pode ou non quere facer o que sería o seu traballo”.

 

Criticou a “manipulación” do PP, que eliminou do seu documento de conclusións calquera alusión aos comparecentes con responsabilidades do goberno de Pérez Touriño, que “destaparon o que o PP non quería escoitar sobre o HAC, e a iso chámaselle ocultar a verdade”.

 

Elena Espinosa explicou que os socialistas galegos presentaron e mantiveron un voto particular e un documento alternativo “para que os galegos e as galegas coñezan a verdade das manipulacións do PP sobre o HAC e os supostos favoritismos a familiares do PP en contratos públicos”.

 

Así, os socialistas galegos replicaron no seu voto particular e documento alternativo as conclusións do Consello de Contas, que inclúe o sobrecuste de 470 millóns de euros na construción do Hospital, e a falla de unha análise previa para escoller o modelo de contratación público – privada. Tamén presentaron as modificacións da superficie útil e os prazos de concesión sen xustificar ou as dúbidas dos cálculos das hipóteses de financiamento e fiscais.

 

Lembrou que os servizos adxudicatararios dos hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña carecen de amparo legal, o goberno galego eludiu a obriga de facer seguimento na fase de expediente, dixo unha adxudicación sen opacidade, faltando ao principio de concorrencia competitiva, e permitiron a demora na execución do contrato sen xustificación.

 

Bochornoso exercicio de opacidade

 

Espinosa lamentou hoxe o “bochornoso exercicio de opacidade” por parte do PP ao pechar en falso a Comisión de Investigación do sobrecuste do Hospital Álvaro Cunqueiro e os contratos da Xunta para beneficiar a empresas relacionadas co entorno de Feijóo e de altos cargos do PP.

 

Espinosa subliñou que a falta de transparencia por parte do goberno galego durante todo o traballo da Comisión de Investigación evidencia un “recoñecemento implícito de culpabilidade por parte do propio PP”. Acusou a aquel partido de ter demostrado que “nunca perseguiron a verdade”, senón máis ben quixeron “diluír” a investigación, bloqueando comparecencias chave como a do ex presidente da Xunta Núñez Feijóo e altos cargos implicados nas adxudicacións investigadas.

 

Acusou ao PP de actuar como “obstáculo permanente” no funcionamento do órgano, impoñendo o seu plan de traballo de forma unilateral e amparando a entrega “tarde e mal” de documentación relevante por parte do goberno galego. A súa opacidade, dixo, “no canto de axudar a esclarecer os feitos, o que fai é aumentar a sombra de sospeita sobre o PP” e o uso da contratación e de posibles beneficios a favor de familiares dos dirixentes dos partidos.

 

Lembrou que a Comisión xurdiu logo do informe do Consello de Contas que apuntaba a un sobrecuste de 470 millóns de euros na construción dun HAC con menos camas das previstas pola decisión unilateral do PP de cambiar o modelo de contratación. En lugar de financiar a obra con cargo á SPI, como determinara o goberno de Pérez Touriño, Feijóo optou por deixar o financiamento e a construción nas mans de empresas privadas a cambio dun canon anual e a concesión de servizos non sanitarios.

 

Espinosa lamentou o “desprezo” amosado polos dirixentes do PP contra o Consello de Contas e o seu “nulo interese” en estudar as conclusións dos seus informes, que apuntan á proliferación de empresas que obteñen contratos millonarios ou que aumentan a facturación dende o momento en que toma parte nelas algún familiar directo dun dirixente do partido. Pola contra, o que si quedou manifesto foi a súa intención de agochar o que rodeou a aqueles contratos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Besteiro aposta polo pacto verde para resituar a Galicia no liderado da transición enerxética que perdeu polo PP

No encontro que o líder socialista mantivo con Teresa Ribera, esta mostrouse “plenamente consciente” da…

13/11/2025
  • Actualidade

O PP racha o consenso do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para defender o modelo desigual da Xunta de Galicia

Os populares votaron no Senado contra unha moción do Grupo Socialista sobre axudas á vivenda…

13/11/2025
  • Secretaría Xeral

O comisario de Pesca avánzalle a Besteiro o posible levantamento das restricións ao palangre para 2026

O secretario xeral do PSdeG explicou tras a súa reunión en Bruxelas con Costas Kadis…

13/11/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que garanta transporte público adaptado para as persoas con discapacidade

Carlos López Font alerta de que a Xunta incumpre a normativa que regula a accesibilidade…

13/11/2025
  • Actualidade

Besteiro: “Os socialistas non imos parar ata que o galego teña voz en Europa como lingua oficial, algo que só o PP segue a frear”

O secretario xeral do PSdeG  emprazou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a “poñerse do…

12/11/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro destaca que Europa comparte a preocupación polo parón das renovables en Galicia e insta a Rueda a traballar e planificar

O secretario xeral do PSdeG destacou que na Comisión son conscientes do atraso galego en…

12/11/2025