Categorías: Actualidade

O PSdeG recupera os premios de Igualdade María Vázquez Suárez para visibilizar o traballo de persoas individuais e colectivos

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, anunciou hoxe que o PSdeG recupera este ano os premios de Igualdade María Vázquez Suárez, concibidos para “visibilizar e recoñecer o traballo de persoas individuais e colectivos a favor da igualdade”. Fraga presentou hoxe a campaña dos socialistas galegos de cara ao 8-M, baixo o lema “Depende de ti” xunto coa secretaria de Participación, Redes Sociais e Comunicación, Paula García, e e o secretario xeral de XSG, Xurxo Doval.

A responsable socialista puxo o foco na nova edición destes premios, postos en marcha no ano 2015 e que se volven convocar “na tónica de recuperar a normalidade” diante da diminución da incidencia da pandemia de coronavirus. Sinalou que estes premios, dentro da campaña dos socialistas de cara ao 8-M, constitúe “un granciño de area cara á ansiada igualdade real entre homes e mulleres, porque máis feminismo significa maior democracia”.

Lembrou que María Vázquez Suárez foi unha mestra durante os anos da república socialista, unha das fundadoras da Agrupación Socialista de Miño en 1933, sindicalista de Fete-UXT, unha “progresista e feminista que morreu asasinada polos falanxistas o 19 de agosto de 1936 nunha praia de Miño, despois de ser salvaxemente violada e agredida”.

Sinalou que se trata dunha “muller anónima, seguramente unha gran descoñecida dentro e fora do PSdeG, e por iso é importante visibilizar o seu papel, a súa entrega e o seu traballo a favor dun mundo mellor e duns ideais socialistas e feministas”.

Explicou que os socialistas galegos participarán nas concentracións convocadas en toda Galicia o próximo 8 de marzo, cun especial esforzo na mobilización de Santiago de Compostela, á que asistirán os máximos dirixentes políticos do partido. Sinalou que os socialistas galegos se situarán do lado do abolicionismo de “todas as formas de explotación da muller”.

Silvia Fraga salientou a oposición dos socialistas galegos contra a prostitución e a trata, dos ventres de alugueiro e da pornografía, así como da abolición dos roles e estereotipos de xénero, “froito do machismo e dunha sociedade patriarcal, que non poden ser os que definan o que debe ser unha persoa, sexa neno ou nena”.

Iniciativas

Os socialistas galegos centrarán tamén na igualdade entre homes e mulleres a maior parte das iniciativas que se debaterán no Pleno do Parlamento dos días 8 e 9 de marzo, partindo da propia sesión de control ao presidente. Tamén incluirán unha interpelación sobre o Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade 2018-21 e dúas proposicións non de Lei sobre as actuacións a favor da igualdade no emprego  e a creación dun observatorio de igualdade de xénero no sector pesqueiro.

A responsable socialista anunciou tamén unha serie de iniciativas nos concellos galegos, dirixidas á “necesidade dunha conciliación corresponsable” e desenvolver “políticas que fomenten a corresponsabilidade”. Este obxectivo, dixo, “ten un impacto profundo na igualdade, pero tamén na economía e na calidade da sociedade”, e reclamou política transversais para acadar a participación equlibrada entre homes e mulleres na vida familiar e no mercado de traballo.

Advirte que a igualdade constitúe “unha materia pendente do noso Estado do Benestar”, que viviu un importante retroceso como consecuencia da pandemia do coronavirus. Explicou que “agora as mulleres traballamos fora da casa, pero seguimos ocupándonos so sostemento do ámbito privado, e non hai corpo nin cabeza que poida aguantar”, como demostra o empeoramento da saúde mental das mulleres.

Gobernos socialistas

Silvia Fraga defendeu o compromiso dos gobernos socialistas a favor da igualdade, tanto en Galicia, onde fixo bandeira da Lei de Igualdade no Traballo e do Plan de Saúde Integral para a Muller entre 2005 e 2009, así como nas deputacións e concellos e, agora mesmo, no goberno do Estado. Salientou a importancia da reforma laboral impulsada polo goberno do Estado “para combater a precariedade do emprego das mulleres”.

Apuntou que “o noso compromiso de décadas ten que ser agora máis forte ca nunca, porque outras opcións políticas están cuestionando os pequenos avances cara unha sociedade máis igualitaria e máis xusta”. Reivindicou o “profundo valor democrático que o feminismo supuxo para a liberdade das mulleres en todo o mundo”, fronte a quen nega, vulnera e ataca os dereitos das mulleres”.

Quén foi María Vázquez Suárez

(Santiago de Compostela 1895 – Pontedeume 1936)

María, filla de Joaquín e Andrea naceu en Santiago de Compostela en 1895, estudou na Escola Normal da Coruña onde se  graduou en 1913.

En 1918 obtén a praza de mestra na escola de nenas de Pobra do Caramiñal onde exerceu durante 12 anos.

Continua coa súa formación e preséntase a varias concursos ata que en 1929 obtén praza na escola número 2 de Miño, onde a lembran unha muller sensible e comprometida cos seus alumnos e alumnas.

É nesta etapa cando empeza a frecuentar os ambientes republicanos e, coa chegada da República, identifícase coa reforma pedagóxica da nova escola. Nesa altura, asiste a cursos de perfeccionamento na Coruña e organiza moitas excursións escolares a fábricas, monumentos e lugares de interese.

Paralelamente desenvolve o seu labor político e sindicalista, moi activa na agrupación socialista de Miño realiza a súa primeira intervención nun mitin político en 1932, foi a primeira muller que falou en público en Miño.

A súa participación nas campañas e mitins foi constante con discursos centrados nas políticas educativas e na defensa dos dereitos das mulleres. Estivo en contacto con numerosas agrupacións femininas, como a liga internacional de mulleres ibéricas e Hispano americanas e a agrupación feminina republicana.

En 1933 afíase á  Federación de Traballadores do Ensino (FETE) chegando en 1935 a ocupar o cargo de  vice tesoureira, nese mesmo ano forma parte da agrupación socialista de Pontedeume e en outubro do 33 participa na fundación do PSOE de Miño.

Detida na Coruña acusada, entre outras cousas, de defender a escola laica e o amor libre, é trasladada ao cárcere de Pontedeume e nunha saca realizada o 19 de agosto do 36 é fusilada nunha praia de Miño. A súa casa foi saqueada e os seus libros queimados.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32